Ramón Estévez
A ONCE colabora activamente na celebración do Día Mundial da Visión
Camiñar pola rúa, leer un libro ou conducir un coche, son actividades que se realizan na vida cotiá, para as que se precisa o sentido da vista, polo que se perciben arredor dun 80% dos estímulos externos. Este ano, O Día Mundial da Visión, que se ven celebrando o segundo xoves de cada mes de outubro, versa arredor da saúde ocular e do acceso igualitario á atención ocular, segundo informa a Organización Mundial da Saúde (OMS). Isto é debido, a que as desigualdades sociais e económicas producidas entre países provocan que todavía non exista un acceso igualitario a esta atención e que tampouco sexa equitativo entre homes e mulleres. A ONCE, para paliar esta situación e no marco da Unión Mundial de Cegos, colabora coa Organización Mundial da Saúde para erradicar as causas evitables de cegueira e potenciar programas básicos de movilidade, vida diaria e alfabetización en braille. O día Mundial da Visión é celebrado en todo o mundo e está considerada como a actividade máis importante para impulsar a prevención da cegueira e a iniciativa mundial "visión 2020, O dereito a ver", creada pola OMS e o Organismo Internacional de Prevención da Cegueira.
Prevención e coidado dos ollos, claves para previr a cegueira
Segundo reflicte a enquisa Discapacidade, autonomía persoal e situación de dependencia, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), preto dun millón de persoas padecen unha patoloxía da vista, que, de non ser tratada podería derivar en cegueira. Por iso dende a ONCE faise fincapé na necesidade de coidar e tratar tódalas doenzas relacionadas cos ollos, por pequenas que sexan. As máis salientables son a Dexeneración Macular asociada á idade (DMAE), o edema macular diabético, (EMD) e o glaucoma. Dende esta institución tamén fan traballo de prevención mediante o Servizo de Asesoramento Xenético, orientado ó pronóstico da transmisión hereditaria ou conxénita de enfermidades ou malformación oculares ou visuais, o cal leva realizados máis de 1.100 estudos nos seus doce anos de existencia. Este non é o único servizo que á ONCE proporciona ós máis de 71.000 afiliados que compoñen esta institución sen parangón en Europa, senón que dende o momento de perda da visión e afiliación á ONCE, ésta, a través dos seus servizos sociais axuda ó afiliado a levar a cabo unha vida normalizada na súa nova situación. Así, mediante o servizo de rehabilitación integral aprende as tarefas da vida diaria, mediante o de tiflotecnoloxía o manexo dos aparellos electrónicos necesarios para traballar ou estudar, que despois a ONCE proporciona como adaptación de posto de estudo ou de traballo, ou a través do servizo de animación sociocultural eu deportiva pode acceder a películas con audiodescripcións, libros en braille ou formato sonoro e á práctica deportiva.
A ONCE non quere deixar pasar esta data sen facer un decálogo para sensibilizar da importancia que ten coidar os ollos para evitar este tipo de enfermidades ou malformacións. Estes son algúns consellos:
1.-A detección precoz é a mellor prevención. Nos primeiros anos convén realizar, alomenos, tres revisións: o primeiro mes, ais 6 meses e aos 3 anos.
2.-Os nenos reciben o 75% da información a través da vista, pero non son conscientes do seu defecto. Obsérveos con atención
3.- Acuda ao oftalmólogo si o seu neno/a: sofre molestias nos ollos, moléstalle o sol ou cústalle adaptarse á escuridade, se se achega moi preto da TV, se sostén os libros preto da cara, se marca co dedo para ler, se lle doe a cabeza, ou baixa o seu rendemento escolar.
4.- Se nota sensacións estranas como sombras negras, lóstregos, moscas, nubes ou puntos, acuda ao oftalmólogo
5.- O seu oftalmólogo debe coñecer os antecedentes familiares de cegueira ou enfermidades
6.- A partires dos 40 anos, revise os seus ollos alomenos unha vez cada dos anos. Se padece diabete, hipertensión ou enfermidade cardiovascular, debe ir ao oftalmólogo cada ano.
7.- Debe evitar tocar os ollos coas mans. De ter que facelo, láveas antes con xabón
8.- O control da tensiónm ocular permite detectar o glaucoma en fases iniciais e evitar a cegueira
9.-As cataratas son unha das patoloxías máis frecuentes nos maiores. Non é necesario agardar a non ver nada. Pódense operar antes.
10.-A DMAE senil é cada vez máis frecuente entre os maiores. Ainda que non ten cura, mellora con programas onde se ensina a utilizar o resto visual.
11.- Os ollos son moi vulnerables. Mira polos teus ollos.