Roberto C. Agís Balboa
Señor Telmo e a Festa da Raia
ARTIGO DE OPINIÓN
de Roberto Carlos Agís, concelleiro de Cultura de Sanxenxo
Señor Telmo, nótase que ten unha vida acomodada dende fai moito tempo. E si, debía delirar cando escribiu o artigo no seu blog. Pero hai que recordarlle que a situación de precariedade económica do Concello ven da súa época e do goberno no PP en Sanxenxo dende 1999 ata 2015, cando foron derrocados polo cuatripartito, do cal formo parte. Recordemos a débeda, o plan de axuste, o desastre urbanístico deste concello e tantas superficies urbanizables inacabadas, o polígono industrial cheo de toxo, o colexio do Revel sen facer, o convenio co Arzobispado de Santiago polo famoso PEI 17, e a polémica de sobrecostes das vivendas de promoción pública en Navia por Construcuatro, etc. O deputado máis rico de España no seu día. Dende que vostede entrou na política habería que ver canto aumentou o seu patrimonio. E tamén recordar uns cantos imputados ou investigados, como lle chaman agora, que afectan ao PP de Sanxenxo.
Señor Telmo, debería saber que a política deste país cambiou, senón vexa o que pasou en Sanxenxo, na Deputación, no Goberno central e posiblemente na Xunta este ano. A vella política está a morrer e o PP en caída libre. Señor Telmo, o seu partido está cheo de corruptos e iso están a pagalo nas urnas. O que fixeron en Sanxenxo e no resto de España é vergonzoso e penoso, pero o máis triste é que vostedes nin o admiten e incluso premian coas famosas portas xiratorias e aforamentos aos que desfalcaron medio país. Ninguén vai á cárcere pero a xente sufre desahucios, pasa fame, etc. E so saiu un 5-10%, non quero saber que pasará cando todo saia a flote.
Digo eu, si se foi no seu día, a que voltou a Sanxenxo si nin de aquí é? Escapou para Pontevedra e de aí para Madrid. Que pouco lle importou deixar a Sanxenxo con todos os petates e cargarllos á señora Catalina, a súa herdeira, coa cal din as malas lenguas que non se pode nin ver. E agora volta, a darnos leccións a nós? Sabe? Son máis novo, con menos experiencia na política, pero caracterízome por ser honesto e directo no que digo. Vese que a vostede gústalle facer promesas a todo o mundo, e xa ve como está o concello gracias a ditas promesas.
Si, teño un contrato Ramón y Cajal de investigación. Aínda non o empecei. Sabe vostede o que é?. Para conseguilo tiven que facer un curriculum moi longo en investigación dende o 2001 ata o 2015 estudando e traballando en EEUU, Alemania e aquí. Doce anos na emigración gracias á falta de oportunidades para os científicos debido aos recortes. Non me caeu do ceo como vostede debe de pensar, señor Telmo. O salario é digno, pero algún dos concelleiros do tempo do PP cobraban máis ou menos o mesmo, e xa ve que gran traballo fixeron e sen moverse da casa. Nós baixámonos o soldo, e eu teño dedicación parcial (20 horas a semana). Podolle decir que fago polo menos o doble moitas veces e non me queixo porque o fago con gusto. Sabe vostede o que facía algún dos do PP? Porque eu seino, e debería caerle a cara da vergonza. E tamén decirlle que moitos dos seus concelleiros cando gobernaba o PP tiñan os seus traballos e empresas, que compatibilizan con dedicacións remuneradas no Concello e con soldos bastante máis altos cos nosos, ou non sabe a quen levou na lista? Vostede renunciou o soldo no seu primeiro mandato, porque podía facelo. Pero no segundo tivo un salario de 50.000 euros. Ingresaba por outra lado, señor Telmo: construcción, riqueza. Non todo o mundo ten a súa sorte.
O Plan de Axustes deste Concello gracias á xestión do PP durará ata o 2022. O noso goberno debe, e é a nosa responsabilidade, pensar moi ben en que invertir e canto invertir antes de facer nada. Atopamos de todo dende que chegamos ó goberno, e cada día nos sorprendemos de novas “patatas quentes” herdadas do goberno do PP, e pódolle asegurar que é penoso o que estamos a encontrar aquí dentro. Xa llas iremos recordando según vaian saíndo. Acórdase que haberá auditorías e en urbanismo seguro, non lle quepa dúbida, señor Telmo.
Por suposto que non estou disposto a tirar os cartos (que son de todos) e non caen do ceo como a vostede lle debía de pasar cando era alcalde. Os contactos é o seu, quizais contactos sen tacto, como se titulaba un famoso programa de TV. No seu tempo sobraban, verdade? E por iso se invertía sen sentido. E así arruinaron o Concello e o país enteiro, señor Telmo. Agora nós temos que pagalas consecuencias, así como os empregados do Concello, que fan horas extras pero non as cobran, se lles compensan por horas libres. Non se pode contratar personal. Todo isto é herencia súa, señor Telmo. Estaranlle agradecidos todos os traballadores do Concello de Sanxenxo e os veciños pola herdanza. E non digamos toda a xuventude que se foi vivir fora de Sanxenxo porque vostede facía edificios, pero non para os de Sanxenxo, verdade señor Telmo? Senón para os que os podían pagar a prezo de ouro.
Di que son un friki, sabe o que significa? Foi vostede o que decidiu no seu tempo (que xa acabou) que se pagaran as Festas da Raia e as Festas de Sanxenxo. Antes as facían os veciños. Pregunto: por que non decidiu pagar tamén as do resto das parroquias? Por que as comisións de festas e asociacións teñen que traballar moi duro tódolos anos para facelas?. En Sanxenxo hai porto deportivo, Silgar, hoteis, comercios, restaurantes, etc. En Dorrón, en Nantes,… hai moita finca pero pouco negocio, e aínda así os veciños colaboran para que haxa festas. Dígame, por que en Sanxenxo non poderían facelo? Ou acaso hai diferencias, señor Telmo?
Vostede o dí, señor Telmo: Somos 9 concelleiros e cobramos. Os do PP non cobraban? Si o facían e moito máis. Recorde que foi vostede o que lle puso soldo ós concelleiros, señor Telmo, xa que antes do seu primeiro mandato non cobraban. Nós baixámonos o soldo un 20% polo menos. Cando queira fágolle as contas. Non lle boto a culpa a nadie, se o fixera sería ao goberno do PP por non pensar antes de facer. Non sabe vostede que a señora Paz Lago quería facelo mesmo e parala Festa da Raia pero Catalina non lle deixou? Dígalle a Paz Lago que lle conte a verdade. Usurpoulle a Raia aos veciños de Portonovo para convertila nunha festa de propaganda política: Raia de Ouro, comilonas cos xefes do PP edo entorno, etc. Eu non estou aquí para quedar ben con todo o mundo, nin viñen a facer amigos, nin a comprar votos, señor Telmo. Estou aquí para xestionar e facelo o mellor pensando en todos os veciños do concello. Vexo que vostede non cambiou e pensa que aínda estamos alá polo 1999. Pasaron 17 anos, señor Telmo, e isto non é o que era, un maná como foi para vostede.
O tecido asociativo e veciños deste concello fan un gran traballo e moitas veces de maneira desinteresada. Seino, señor Telmo. Hoxe en día pouco se lles apoia (cousa que quero cambiar nos novos presupostos que gracias ao PP están prorrogados dende hai anos). O plan de axuste non nos permite contratar personal e temos moitos servizos en precario. Todo isto e moito máis gracias a esa maravillosa xestión do PP, señor Telmo.
A Festa da Raia leva varios anos en declive. Non llo digo eu, é a realidade, señor Telmo. Nótase que viviu fora os últimos anos e non falou cos veciños, que llo poden corroborar. As asociacións e Paz Lago tamén. Vostede fala de que eu debía dimitir ou me botaría do cargo en 5 minutos con ditas declaracións. Por esa regra de tres vostede debería estar fora da política dende hai anos e moitos dos seus concelleiros tamén. O alcalde e resto dos concelleiros apoiaron a decisión de non facer a Festa este ano, señor Telmo e sabe por qué? Porque vemos a realidade e aquí non decide un, señor Telmo, que seguro é o que vostede facía no seu tempo. Aquí pensamos e decidimos nove aínda que as decisións sean compricadas coma esta. Xestión, señor Telmo, non despilfarro, que así está o país hoxe en día, e o noso Concello tamén.
Fixen varias reunións coas asociacións de Portonovo, señor Telmo e díxenlles claramente que este ano o presuposto sería de 20.000 euros. (A algunha xente levalles un ano, dous o incluso máis gáñalos, a vostede non, verdade?). O ano pasado foron case 38.000, no 2014, 45.000… Señor Telmo, o máis facil para min sería facela festa, se fago coma vostede claro: gastar os cartos sen pensar, como fixeron os últimos anos. Pero díxenlle claro ós colectivos que este ano serían 20.000 euros e que deberían participar na organización. Os proxectos estaban moi ben pero os presupostos presentados incluso duplicaban dito presuposto de 20.000 euros. Señor Telmo, no noso concello fanse as Festas da Ostra, Fabada, Cacheira,... e os veciños desas parroquias fanas eles mesmos, sen axudas do Concello e moito menos de tales cuantías. Se a Festa se quere de verdade, faráse, pero non vai ser o Concello o que financia as festas así porque si. A Festa da Raia leva 21 anos, este sería o 22, por qué non funciona? Non é polos cartos, señor Telmo. A xente de Portonovo sabe que non é moi concurrida e faltalle atractivo, por que? Non é poñer cartos anos tras ano ata dar coa tecra adecuada, así nós non facemos as cousas, señor Telmo. Haberá que pensar entre todos como facela da mellor forma, e contando claro está coa colaboración e participación dos veciños e colectivos de Portonovo ademais do concello. Así se fan as cousas, aínda que as veces sexa máis difícil. Nótase que vostedes o solucionaban todo do xeito máis fácil e a golpe de talonario ou cos seus contactos. Nós non, señor Telmo.
Di vostede que nos levamos mal o Grupo de goberno, entre concelleiros, que hai varios bandos, etc. O cuatripartido non é fácil, gobernar tampouco, a política sabemos todos como é. Pero os que estamos aquí utilizamos un modo diferente ao do PP e o seu, señor Telmo. Aquí aínda que hai discusións, o cal é normal, é debido á pluralidade de ideas, donde todos opinamos. Vostede, señor Telmo, está acostumado a mandar, decir e facer o que vostede pensa, e que o resto no seu grupo de goberno ou os seus palmeros fagan o que vostede di, verdade?. Aquí pensamos 9, non un só. Por certo, no goberno do PP tiñan vostedes concelleiros do mesmo partido que non se falaban entre eles. E queren darnos exemplo?
Todos sabemos a importancia da Festa da Raia, señor Telmo. Non descubriu vostede a pólvora. Ten que haber implicación do concello, dos veciños e das asociacións. Ten que haber un modelo participativo e autosostible. Ten que ser unha festa á que vaia a xente de Portonovo e de fora, que guste, na que se disfrute, deguste a raia e se pase ben. Pero non montar unha carpa ano tras ano ainda que non funcione e non teña a repercusión que debería despois de tantos anos. Iso pode facelo ó que lle sobren os cartos. Iso en Sanxenxo non é o caso, gracias á xestión do PP, señor Telmo.
Fala vostede da Festa da Raia no seu tempo, alá polo 1999 cando empezou. Señor Telmo, non viva no pasado. Estamos no 2015 e desafortunadamente para vostede os tempos e as maneiras de facer as cousas cambiaron e o goberno de Sanxenxo tamén. Fala de ideas? Vexo que a súa é a de sempre, poñer cartos sen pensar antes de actuar. A miña non é esa. Di que me disfrazo, fago moitas fotos e debo traballar máis? O disfruz o leva algún coma vostede posto día a día, que creo que nin vostede comulga coas ideas do seu partido, pero hai que estar as e as maduras non, señor Telmo? Para fotos as súas. Respete o traballo dos demais, porque parece fala sen sentido e sen coñecemento de causa. O que pasa é que estar na oposición non debe gustar moito, verdade? Algúns debense de aburrir, non será que sempre viviron da política e agora non teñen que facer? Non fumos nós quen o puso aí, senón a xente de Sanxenxo, por se aínda non lle quedou claro.
Di vostede: “Por tanto, para mejorar la Festa da Raia no hace falta más dinero, hacen falta ideas claras, algún contacto y mucha capacidad de trabajo”. Gústame o de algún contacto, a quen se refire? Os contactos que ten na Xunta, Madrid….? Claro, así vai o país. Pregunto, porque agora parece ser que os contactos son importantes ata para facela Raia. Xa lle dixen unha vez á cara que se me metín en política foi para que non gobernara o PP, por moitas cousas: contactos como vostede di, enchufismos, corrupción, aforamentos, portas xiratorias, etc. Iso é o que teñen que cambiar no seu partido antes de nada, señor Telmo. E recoñecer os erros, botar aos corruptos en vez de protexelos. Os tempos cambian, e por certo, para mellor.
A suspension da Festa da Raia é provisional pois nadie dixo que non se volvería a facer. Seguro que disto sairá algo bó. Porque se a xente de Portonovo quere a festa seguro a terá. E a verdade, estes días falarase da Raia máis que nunca, o cal faranos pensar a todos que é a festa da Raia? por qué se debe facer? quen a ten que facer? canto hai que gastar? etc. Non se preocupe que xa nós, os que estamos no goberno, nos encargaremos diso, señor Telmo.
Si alguén se debería de responsabilizar disto e de tantos e tantos problemas que ten Sanxenxo hoxe en día, é vostede e o PP, señor Telmo. Deixaron o Concello temblando e case en bancarrota, pero iso non o ven, non?
E xa para rematar, levo dous anos escribindo e teño dous blogs de ciencia a tamén escribo artigos de opinión. Sabe señor Telmo, o fago gratis, con moito gusto e no meu tempo libre. Os meus artigos os escribo eu. Fai vostede o mesmo Sr. Telmo ou llos escribe alguén? Ten asesores? Eu non, señor Telmo, eu son eu mesmo, e móstrome como son. Nese caso, señor Telmo, gáñolle en trasparencia, iso llo aseguro.