Tribuna Viva
Ruído político
Durante esta semana démonos conta de que nos esquecéramos de pedir permiso para colocar os carteis nos paneis e debido a que cremos que este é un acto simbólico de apertura de campaña, colocáronse coa mesma ilusión ca sempre pensando que non habería problema, pero parece que hai algún interesado en facer ruído. Non quixeramos imaxinarnos que pasaría se fosemos nos os que fixeramos este xesto penalizando un erro burocrático, pero iso non pasaría no noso caso, somos bastante máis empáticos e democráticos.
Estes que só aparecen en campaña, cambiando de ideais e siglas como quen cambia de americana, recomendámoslles traballo, traballo como o que realizan a diario moitos militantes socialistas desinteresadamente. Á política debese entrar con fondo e contido, e non para causar un estrondo baldeiro.
O PSOE estase renovando, son unha clara imaxe delo, e igual pásasenos algún trámite burocrático que si coñecen estes vellos novos, pero o que temos claro é que o traballo en política é a diario non só en campaña electoral, e que os ideais non se negocian nin se cambian dependendo dá lúa ou de onde creamos que sopre ou vento.
A política do zapatazo está moi ben, pero a renovación ten que vir cargada de contido e traballo. O país non se arranxa con catro notas e tres titulares, así que déixense de fogos de artificio e baixen as rúas para axudar aos veciños,non sempre conseguirán o que queren nin sairán tanto nos medios de comunicación pero asegurámosvos que persoalmente é moito máis reconfortante.
Porque dende o PSOE cremos que unha acción vale máis que mil promesas e noticias, e esa e a política que defendemos os socialistas, a vosa acción xa o di todo por moitas promesas que fagades despois.
Oscar Serantes Pupin, secretario xeral PSdeG-PSOE de Sanxenxo