Roberto C. Agís Balboa
Co pasar dos anos
Os nosos avós, bisavós e incluso algún dos nosos pais naceron ala pola primeira metade do século XX, nos tempos da fame. Seguro moitos deles as pasaron canutas. Casabanse xóvenes, ter 4 o 5 fillos era o normal e había que quitar a familia adiante. Os do interior traballaban as terras e criaban animais para comer. Os que vivían preto da Costa ou zoa de Porto Pesqueiro saían o mar. Os nenos xa con 10 anos ou así os vías remar ou coidando dos irmás pequenos. Daquela o marisco ainda non era delicatessen como agora, senón que ía pas galiñas, para abonar os campos, era máis ben comida dos pobres. O que podía comía carne e outros menesteres. Así me dixo algunha xente maior de Portonovo. O peixe levabano a zoas do interior de Galicia en burro ou carretas, con moito limón para evitar a podredume, as moscas, o cheiro, e mentres aguantase o ían vendendo. Agora botaselle limon por gusto, como cambiou co conto!.
Non había coches, nin tratores, todo se facía a man: lavala roupa nos ríos de pedra, cortalo toxo cas gadañas, ir a herba a diario, sachar e arar, sacalas vacas a pastar e sacarlle o leite.... Foron epocas duras (e eu tamén creo maravillosas o mesmo tempo) e de ahí que moitos, sobre 100.000 galegos, emigraran a Arxentina, Cuba, Alemania, Suiza, EEUU. E así que casi toda familia galega ten ou tivo algún familiar na emigración. Uns tempos que parecen doutra época, pero que están máis preto do que pensamos. A todos nos gusta, polo menos a min encantame, cando os vellos che contan esas historias de antes, co cal, nos fan partícipes da súa historia e así nos recordan de onde vimos e cales son as nosas raíces.
A xente camiñaba polos camiños e coñecían a todo o mundo, non so da súa aldea senón de moitas aldeas e concellos do arredor. Encontrábanse nas fincas para traballalas terras, nos montes cando ían o toxo (antes estaban limpos agora dan peniña), ían regar o millo de noite e había que ter coidado co teixujo, facíanse cestas de vinvios, e as festas non faltaban. A vida era moito máis simple ca de agora: traballar, comer, dormir e festa cando tocaba.
Contabame miña nai que para ir as festas a Simes ou Meaño tiñan que cruzalos montes, sen luz (podíaste atopar coa Santa Compaña!), polos camiños enlameados, así que levaban posta a roupa de festa pero con botas. Os zapatos nas mans e antes de chegar a festa os poñían. Me decía que se camiñaba dende Sanxenxo ata Pontevedra cargando na cabeza ou nas máns patacas, verduras ou o que fose para vender no Mercado. Así era antes, e a verdade, unha pena que algunhas cousas cambiasen tanto e outras se perderan.
Acordome de rapaz, alá polos anos 80s, ver a todolos vellos do lugar nas tabernas de Dorrón. As tabernas eran como pequenos supermercados, alí ías comprar os embutidos, a levadura para facelo pan, o xabón Lagarto, o Cola Cao nunca faltaba (Cola Cao mecajoendiola!) e xa non digamos o Tulipán (este viña en helicóptero), alí tomabas un viño, unha Coca Cola ou unha Mirinda, xogabas as cartas, comías pipas ou fosquitos, fumábase Celtas Cortos, comprabas os cromos, etc. Guau!!! Eran sitios de reunión, para velos partidos ou a tele (series como A Masa en blanco e negro, os lagartos de “V” comendo ratos, sejuro algún se acorda!). Daquela non todalas casas tiñán television, e so había primeira e segunda, e antes na época franquista tiñas o NODO que censuraba o que quería. Telecinco, Antena 3, TVG, Canal Plus.....iso non existía. Xa non digamos o cable ou internet, os cales aínda eran só proxectos de futuro. En definitiva, nas tabernas case que había de todo (o necesario), falábase de todo, gritabase, bebíase e ata pelexas había. Pero, era cousa san naqueles tempos, ou así o quero creer.
Os nenos saíamos a rúa como Perico pola súa casa. As nais chamabante cun grito dende a ventá, e alá ías correndo, máis rápido cun raio. Non había os medos e perxuizos dagora. Penso que a xente era quizáis máis san ca de agora. Comíanse productos da horta que eles mesmos cultivaban, matábase o porco, os ovos da casa, coellos, ouvellas, non faltaba o burro co arreo, un ou dous carros de vacas, o lagar para facelo viño, a pota da aguardiente (ainda me acordo de Luis o aguardienteiro que viña ano tras ano), as fornadas de pan, ir a misa os domingos, etc. Parece que foi onte, pero xa choveu un pouquiño. Así os vellos de antes son como se di, duros coma cañotos. Agora o licor café está de moda, o viño todo ven etiquetado, a matanza prohibida, poucos teñen xa burro ou usan o carro, as queimadas fanse de venres en pascuas.... Como dí aquela famosa frase da película Blade Runner (1982) ”Todos eses intres se perderán no tempo, como bágoas na choiva”. Algo así como un Alzheimer pero da historia. Espero que non, e que sepamos preservar o pasado no presente para poder revivilo no futuro.
Os nenos íamos o colexio andando, en bici ou no bus. O conductor fumaba puros, xa que daquela permitíase. Iso era o normal daquela, os tempos cambian a veces pa peor, e outras para mellor. Xogabamos con liberdade nas prazas, nos campos, os trompos tuneados, as bolas e o juá, a billarda, facíamos trasnadas (ir as laranxas, as ameixas) e cabañas no monte, en San Xoán facíamos fogueiras xigantescas e íamos ós carros, xogabas o fútbol e o escondite na rúa, bañabaste no río, xogabas o birilé,... A verdade, os nenos e nenas daquela non perdíamos o tempo. Agora é todo como maís artificial: consola, ordenador, TV, móvil..... moito mundo virtual, pero creo que daquela vivíase máis en contacto directo co mundo real, non había outra cousa. E que ben o pasábamos!
Parece que foi onte, e xa pasaron anos. Algúns non vivimos a Guerra Civil, nin a Dictadura senón a Transición. Os maís novos nin eso, son fillos do século XXI e para eles o que aquí conto seguro son historias de vellos, cousas que non creen posibles, como sacadas dun cómic. Cómo que o internet non existía apenas fai uns anos, nin as redes sociais, nin tantas e tantas cousas que agora son cotidiáns? Imposible!!!. Pois non, así foi e así é.
Como se soe decir, as cousas materiais non o son todo, simplemente decoran as nosas vidas. Sen embargo, os valores, principios, amizade, a familia, sentir e vivir o mundo real,....o final é o máis importante. O bonito de todo isto é poder contalo, claro, coa humilda opinión persoal dun servidor. Aínda que temos moitos adiantos, as veces un ten nostalxia deses tempos mozos, de cando eramos rapaces, das troulas, da idade da inociencia. Algúns deses compañeiros de xogos e troulas xa non están aquí con nós pero os seguimos recordando, e así nos pasará a todos algún día: seremos parte do recordo das xeracións futuras, e tamén porque no decilo, parte da historia da nosa terra. De vez en cando, co pasar dos anos, un bota a vista atrás e recorda eses bos momentos do pasado. Isto é bo. Agora, nunca deixemos de vivir o presente. O futuro quen sabe si chegará, xa o dice o latín “Carpe Diem” (Aproveita o momento).