Tribuna Viva
Carta aberta dun Policía Local de Pontevedra
Ata o momento estiven calado, observando como transcurrían os feitos neste Concello ao que pertenzo dende hai 24 anos pero xa basta, xa estou farto de escoitar dos nosos políticos comunicados insultantes e despreciativos para coa nosa loable función.
Sra. Dasilva, e de paso Sr. Alcalde e Sres. Concelleiros (todos) da Corporación Municipal, eu son policía local a moita honra, gústame prestar o meu servizo á comunidade á que tamén pertenezo, ademáis son independente respecto de ideoloxías políticas e/ou sindicais (apolítico e asindical) dende xa fai un longo tempo debido ao desencanto con toda esa clase que vive de espaldas aos problemas sociais. Tralas últimas declaracións da Sra. Dasilva (Alcaldesa en funcións) dóeme escoitar que somos un colectivo que trata de loitar contra o modelo de cidade que están a impoñer cumprindo o mandato dos veciños/as que os elixiron, xa que tal afirmación é completamente falsa, é máis, sen a nosa colaboración este modelo de cidade non se podería ter implantado, pero elo non impide que poidamos criticar certos aspectos de tal modelo que están levando a esta cidade a convertirse cara o futuro nunha grande cidade residencial da terceira idade debido á falta de políticas de emprego, de tódolos xeitos, repito, é unha decisión da maioría da sociedade de Pontevedra que, por suposto, respeto.
Outra cousa é sinalar os pequenos detalles que na consolidación de tal modelo urbano están facendo desta cidade un lugar impracticable para os vehículos comparable coa utilización dos mesmos en pistas de carácter forestal. Para nós, no desenrolo habitual das nosas funcións, como servizo de urxencia e emerxencia supón un "handicap" afrontar cada día eses servizos que tamén ocorren en Pontevedra, como incendios en vivendas, agresións a mulleres, liortas, accidentes de circulación, etc. que precisan dunha intervención rápida e eficaz. Elo supón para nós decidir en segundos si atendemos á maior brevidade a urxencia co risco para a nosa integridade que supoñen os "lombos" de alturas e ángulos de ataque excesivos, situados á saída de curvas, almenas que rodean as beirarrúas, e un sinfín de obstáculos que temos que ir sorteando coa habilidade que se nos supón pero que calquera día resultará nefasto para calquera de nós; ou pola contra, rexeitamos a rápida resposta a estes servizos para garantir a nosa propia seguridade. Non é unha banalidade nin unha actuación politizada a posición encontrada contra o actual diseño das rúas da cidade de todos aqueles que pola nosa función temos que circular por elas con vehículos en servizo de urxencia (ambulancias, policías, bombeiros...) e que a diario sufrimos a incomodidade e o risco da conducción destes vehículos.
Agora tamén para colmo non podemos criticar a súa falla de actuación respecto á utilización das bicicletas nas vías urbanas que SI supoñen un risco engadido debido á non regulamentación do seu uso e, sobre todo, á falla de información útil sobre a súa correcta utilización. Poida ser que non existan denuncias respecto aos problemas orixinados polo uso das bicicletas pero podo garantir que non hai policía local de Pontevedra que non recibise as queixas verbais de moitas persoas que se sentiron intimidadas polo mal uso das bicicletas nas beirrrúas, nos pasos de peons, na circulación en sentido contrario á das rúas, etc. e isto prodúcese pola falla de regulamentación municipal ao respecto. Non me estou a referir aos xoguetes con forma de bicicleta que utilizan os nenos senon aos vehículos (como establece a normativa) sin motor que moitos utilizan como medio de transporte pero poucos saben cómo se debe utilizar.
Estas conductas, así como a utilización do móbil durante a súa conducción, levar auriculares conectados, cruzar pasos de peons sin deterse e baixar da bicicleta, supoñen un grave risco tanto para os propios conductores das bicicletas como para os outros usuarios da vía. Sres. políticos, non rexeiten as críticas e solucionen os problemas antes de que as consecuencias sexan nefastas para alguén.
Por último, respecto á negociación das nosas condicións laborais e económicas e, por pertencer vostedes a un partido político de esquerdas que debería representar á clase traballadora, séntense dunha vez a negociar cos nosos representantes e fágano coa vontade de chegar a acordos, deixen de dilatar estas cuestións para non abordalas como require, de forma sectorial para que as nosas demandas non queden solapadas por outras como é de costume. Deixen de gastar cartos públicos en estudos e valoración de postos de traballo que están máis que estudados e valorados e que para colmo, cando nos dan a razón, quedan depositados no caixón do olvido.
Espero que estas críticas á súa labor sexan entendidas con espíritu constructivo e non como medio de confrontación contra a súa política.
Asdo. Manuel Ángel Sánchez Pallares