Beatriz Suárez-Vence Castro
Un don
Pontevedra é cidade de poetas. Cando dín que os tempos non son bos para os poetas só se pode facer unha cousa: máis poesía. Para nós, para ninguén, para todos.
O pasado sábado 28 de xaneiro foi un día cheo de poesía, dende o vermú poético co que se completaba no Pazo da Cultura a exposición Océano Mar en forma de recital no que baixo o nome de Un mar de poesía foron debullando o seu facer Elisabet Oliveira, Tamara Andrés e Carmen Quinteiro entre outros artesáns do verso, cun micro aberto despois do recital no que puideron participar todos aqueles que quixesen compartir os seus textos. Este acto terá continuidade o vindeiro sábado á mesma hora, tamén no Pazo da Cultura.
Xa a tarde noite presentábase no Teatro Principal a película documental Leyuad, un viaje al pozo de los versos. Seis poetas saharauis amósannos nela un lugar situado na parte sur do Sahara que leva servindo de inspiración a poesía daquelas terras dende o principio dos seus tempos.
Leyuad é un lugar fermosísimo, feito de imponentes rocas, de area e dos ecos das voces dos primeiros poetas saharauies e daqueles que siguen as suas pegadas. Leyuad ten, na voz dos poetas, como Badi : "O peso dos pasos dos xigantes".
Grazas a Leyuad, mergullámonos nun deserto duro e ó mesmo tempo hospitalario no xeito de ser das suas xentes, nas súas jaimas abertas, nos seus saludos de benvida. Coñecemos as tradición das terras que hoxe sofren pola ocupación marroquí pero que non por iso deixan de amosar a súa alma nos versos, sempre ligados á maxestuosidade da natureza: "Paxaro: se é bó o que traes baixo das alas, déixao caer, se non lévao voando lonxe de nós".
A area de Leyuad ensínanos a tradición das familias dos saharauís que parten do seu país e recollen a area das súas pegadas como símbolo do regreso. As sandalias, cruzadas, como indicadoras dunha viaxe próxima.
A presentación da película contou coa presenza de Gonzalo Moure, escritor do libro La zancada del Deyar e coautor do guión, de Brahim Chagaf, o seu director e máis a fotógrafa Inés G. Aparicio que traballou intensamente na montaxe da película.
Ademáis, no coloquio posterior participou Jadiya Hamdi, ministra de Cultura da República Árabe Saharaui Democrática e membro do Frente Polisario, que falou da importancia da poesía como vehículo de transmisión das tradicións e de solidariedade.
O director, Brahim Chagaf expuso como exemplo da sua importancia o programa que se está a desenrolar baixo o nome de Cuéntame Abuelo, para que os nenos coñezan os escritos da sua istoria nos territorios ocupados.
Tamén estivo presente no coloquio Maite Isla, presidenta de Sogaps, quen aproveitou para facer un chamamento ás familias galegas para que acollan un neno saharauí e contou que o director da película foi en su momento un dos nenos que se beneficiaron do proxecto.
Leyuad, fíxonos chegar moitas mensaxes importantes, entre eles a que recollen os versos saharauis, sempre presentes na voz en off da película: "A poesía é un don, non unha mercancía".