Roberto C. Agís Balboa
"Apaga o Candil, Álvaro Nadal"
En xaneiro os precios da luz disparáronse e xa me comentou algunha xente que os recibos que lle están a chegar son para temblar, non de frío, senón porque son bastante máis altos co ano pasado. O mais curioso é que o ministro de enerxía, Álvaro Nadal, dixo que hai que "acostumbrarse" ó precio dos picos da luz. Home, ó frío xa moitos se acostuman por non poder pagar a luz, pero creo se refiría a que as eléctricas seguirán xogando con nós como lles veña en gana. O importante é enchelos bolsillos, entre eles de moitos ex-políticos. Qué casusalidade, verdade?
Non sei que pensarán os lumbreras deste país, pero case sempre pagan os xustos polos pecadores. Todos sabemos da privatización das eléctricas, as portas xiratorias, e os grandes soldos dos seica "conselleiros" de ditas empresas que de tanto aconsellar así quedou o país, arruinado. Non é de estrañar xa que temos un axudante de xardineiro como conselleiro da Rede Eléctrica Española. Vamos, algo así como poñer a un tolo de presidente na Casa Blanca. Ostias! non me digas que iso tamén pasou?
Hoxe vai de kilovatios, amperios e de facer resistencia. Temos corrente de sobra, vendemos ó extranxeiro, pero é a nós que nos aplican a dolorosa, recibo a recibo, mes a mes, veña de onde veña, aínda que sexa dos teus propios paneis solares. Non lle chegan os peaxes das autopistas, que agora hai peaxes para todo, ata para o sol? Por certo, quen é o dono do sol? Gustaríame coñecelo para decirlle catro cousiñas!!!. Valjame Dios, a este ritmo pagaremos ata polo aire que respiramos?
Seguro nestes intres hai familias, veciños, nenos, vagabundos....que están a pasar un frío que pela. Algún por non ter un fogar, outros por deshaucios, haberá os que elixen entre comer ou pagar o recibo da luz, en definitiva, unha tristura que isto aínda siga a ocorrer no 2017. Non quedará outro remedio que sair "En busca del fuego", como na famosa película de 1981, e poñerase de moda a canción que cantaba a nosa querida e xa falecida Ana Kiro "Apaga o candil marica chús, chús. Apaga o candil que ten moita lus,....". A crise comezou no 2008, vamos para 10 anos e a cousa cambiou pouco, aínda que para o goberno vamos a toda máquina. Coidado, que así tamén ía o Titanic!
Por qué non lle cortan a luz a todos os diputados do parlamento por unha boa tempada durante o inverno? Non estaría mal que probaran nas súas carnes o que é estar sen corrente na casa ou no traballo, para que virán como iso che afecta na rutina diaria, na saude, na vida en xeral, e por suposto, daríanse conta do que un aforra se non gasta corrente. Coa falta de traballo e soldos míseros que teñén moitos neste país, isto é un aforro moi importante. Estarían nas bancadas do parlamento con bufandas, sen poder ir o cafecito, co cú pegado o asento polo frío. Que chegaran as súas casas e sentiran o que sinte o pobo, os que non teñen, os que ata a dignidade perderon. Que bonito é falar e prometer, pero sen saber nin sentir o que é non ter, non poder, non chegar a fin de mes e ter que decidir entre tomar as mediciñas? comer? pagar a luz? pagar a hipoteca ou aluguer? a escola dos nenos?.....amigo meu. Iso é o que dín que ven, pero sin querer velo. Fagan política dunha vez para a xente e non para os amiguetes.