Tribuna Viva
A Comunidade de Montes de Salcedo fala do emplazamento do campo de fútbol
A Sociedade Deportiva Salcedo e a Asociación de vecios San Martiño, levan moitos anos dando tombos pola Parroquia en busca dun terreo para un novo campo de fútbol. Din que o actual campo do Casal, xestionado por eles dende 1988 e moi abandonado actualmente, non reúne as condicións para a práctica de fútbol e levan os rapaces a campos de Mourente, nada preto do centro de Salcedo.
A idea exclusiva e indefinida destas dúas entidades, levounos durante este tempo a situar o emprazamento do campo en distintos lugares da parroquia, empezando polos terreos comunais de Pardecelas (actual campo do Casal), monte Comunal de Esculca, Misión Biolóxica de Galicia, terreos particulares de Igrexa, volta de novo a Pardecelas, e outra vez a particulares de Igrexa.
A Comunidade de montes de Salcedo, allea a esta búsquena tipo Indiana Jones, acedou sempre a colaborar cando precisaban autorización no caso de terreos comunais e, como non podía ser doutro xeito, xestionar a cesión de uso dos terreos previa aprobación da Asemblea Xeral, entendendo que tratábase dunha demanda necesaria, pero por causas que todos coñecemos e outras que só coñecen eles, todas estas posibles situacións para construír un campo de fútbol foron desbotadas a día de hoxe.
En xaneiro deste ano, o Concello de Pontevedra solicitou a Comunidade de Montes uns novos terreos para a construción dun campo de fútbol, argumentado que os terreos previstos de particulares no lugar de Igrexa foron rexeitados por Patrimonio debido á existencia xacementos arqueolóxicos nese emprazamento.
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes, na liña de atender as demandas da parroquia, ofertou os terreos de Pardecelas e o antigo campo de manobras de tiro no Monte San Martiño. Rexeitada Pardecelas por diversas causas (terreo insuficiente, desnivel acordo ca nova Lei, liña eléctrica de Celulosas e arborado lídante de particulares), o Concello definiuse pola parcela do antigo campo de tiro. Unha parcela de 7 hectáreas de terreo baldío, actualmente sen ningún valor forestal e cualificada por técnicos responsables de deportes e arquitectos como ideal para desenvolver un gran proxecto deportivo.
Ante a petición formal de cesión de uso dos terreos presentada polo Concello, a Xunta Reitora da CMVMC de Salcedo formulou dúas condicións ó proxecto a desenvolver en esta parcela:
- Tendo en conta que a práctica do fútbol ocupa o 7º lugar por debaixo do ciclismo, a natación, o sendeirismo e as distintas modalidades de ximnasia, estas instalacións deportivas terían que ser concibidas para máis actividades que o fútbol e pedimos ó Concello que o proxecto debía ser planificado dende un punto de vista holístico, abranguendo os aspectos deportivos, medioambientais, de lecer e culturais que o propio espazo recuperado do monte San Martiño ofrece.
- De optar o Concello, por este tipo de proxecto, debía comprometerse coa Comunidade de Montes ca seriedade, responsabilidade e coherencia necesarias, de xeito que se evitaran dúbidas, marchas cara atrás ou cambios de rumbo que o único que provocarían sería que o avance fose lento e, probablemente, pouco efectivo.
Aceptadas por parte do Concello estas condicións, a Comunidade de Montes elaborou o proxecto, "Multifuncionalidade do Monte San Martiño: A integración do deporte, a natureza e a cultura, un esforzo da Comunidade de Montes de Salcedo", que foi entregado no Concello como parte a integrar na redacción do anteproxecto polos arquitectos municipais. O anteproxecto do Concello foi presentado o 2 de agosto no Consello Parroquial e aprobado por unanimidade, participando nesta reunión un importante número de representantes de todas entidade parroquiais excepto a Asociación de veciños San Martiño.
Curiosamente, o presidente da Sociedade Deportiva Salcedo asistente en esa reunión, manifestou publicamente que lle gustaba o proxecto por contemplar a inclusión doutras instalacións deportivas e ademais concluía que non había outra opción na parroquia. Posteriormente o día 10, o Concello xunto ca Comunidade de Montes deron unha roda de prensa onde se presentou o anteproxecto ós medios de comunicación e se concretaron as fases e datas de execución do proxecto. Dende entonces a comunidade de montes ben desenvolvendo unha serie de traballos sobre a orografía do terreo afectado, para poder redactar o proxecto definitivo.
Non vai ser a actual Comunidade de Montes quen lle diga os responsables de patrimonio onde deben desenterrar ou enterrar os petróglifos, pero si debemos manifestar que o importante patrimonio arqueolóxico da parroquia, bastante tempo abandonado, non debíamos consentir que calquera ignorante nesta materia veña agora a dicir o que se ten ou non que facer con el e a menosprezar o seu recoñecido valor.
SEXAMOS SERIOS, RESPONSABLES E COHERENTES SEÑORES!
Fernando Pintos Pereira
Presidente CMVMC de Salcedo