José Freire
O heroe do bar Prado
Aínda lembraremos, co gallo das manifestacións do coñecido como o 25-S ou asalto ao Congreso, os altercados que se produciron nas rúas da capital do Estado. Tamén lembramos o que nos contaron moitos medios de comunicación sobre o ocorrido no xa famoso Bar Prado. Contáronnos que o seu dono protexeu a uns manifestantes de ser masacrados, evitando a entrada da Policía ao interior do seu local e sendo agredido brutalmente polos antidisturbios.
A súa actuación ante as cámaras foi espléndida. Sentíase Robin Hood, o Home Araña e Superman ao mesmo tempo. Non había máis que vela súa cara de satisfacción, os saúdos e parabéns de moitos dos manifestantes violentos que o converteron pouco máis que nun heroe.
Afortunadamente había alguén cunha cámara que gravou a totalidade do suceso, tal e como sucederon os feitos, sen máis aditivos.
Se alguén observa con atención o vídeo, concretamente a partires do minuto 4, o que realmente se pode ver é como a Policía se atopa despregada pola rúa, ante una masa de centos de persoas; que pasa por diante do bar pero, en ningún momento intenta entrar no interior, e como as persoas que hai no seu interior, unha vez que ven pasar de largo ao axentes, comezan a provocar aos policías con berros reiterados de "aquí no entra la Policía".
A Policía non lles fai caso e en ningún momento intenta entrar no bar. Vese como caen pedras e botellas e o dono do bar se pon a xesticular na porta acaparando a atención dos fotógrafos, que se apiñan con moito interese. Ante a caída de botellas e pedras cara a zoa, varios Policías xúntanse fronte ao bar para protexerse e o do bar comeza a berrar insistentemente "no tireis piedras", facendo espaventos para protexela fachada do bar dos ataques dos manifestantes, que non da Policía.
Nun momento dado, caen pedras de gran tamaño. O dono do bar sae moi alterado dirixíndose cara os manifestantes. ÿ entón cando o xefe de pelotón dos Policías lle di que se meta para dentro, para protexerse, incluso chega a metelo el mesmo, coa axuda doutros axentes. A Policía abandona o lugar e vaise cara outra zona.
E namentres, o protagonista parece atoparse moi cómodo na cima da onda e, polo visto, apúntase á película. ÿ moi posible que, esa noite, a caixa rexistradora estivera a rebordar e que, a partires de agora, o Bar Prado se converta no santuario destes movementos radicais
Nembargante, que foi o que nos contaron algúns medios de comunicación sobre isto? Por que non se emite este vídeo publicamente nestes medios e se nos amosa a verdade?
Isto sirve como proba de que certos medios manipulan a realidade, medios que, por desgraza, se atopan en mans da extrema esquerda e de impresentables movementos radicais.
Manipulación indigna e miserable, da que son máis culpables os presuntos xornalistas, alí presentes, que o sinverguenza do dono do bar con gañas de facerse famoso.