Antón Prieto
Morreron a bela e a bestia
Foi o mesmo día. Sara e Margaret compartirán necrolóxicas nos xornais, entre declaracións de ministros e presentacións de iogures anticelulíticos.
As duas octoxenarias proxectan no seu óbito ben distintas sombras. Antonia, que traballou como Sara embelesando machitos elegantes e paseándose pola rúa Alcalá cual violetera, poñendo un pouco de tenrura aos grises anos da dictadura, á que miraba por enriba da política, pero sempre cun chisco de perfume libertario "Ven y ven y ven... chiquillo vente conmigo... no quiero para pegarte, mi vida... ya sabes pa lo que digo".
Sara simboliza a diva que puxo algo de dozura na pel ferida dunha España dura, de falanxismo rampante polas rúas de Madrid, que soubo sorrir no cinema triste e melancólico da época. Marchou a América, donde os intelectuais exiliados perseguidos por Franco lle aprenderon a ler, pois na profunda Mancha da que viña non era habitual.
No seu proceso de mitificación interviñeron, da man da súa natural intelixencia, unha voz grave e suavizada, xusta para as letras decadentes da época. Unha sinuosa e personalísima cadencia ao falar, unha pose sempre morbosa e sublime, como un pastel apetecible. Unha calculada excentricidade e unha madurez un punto frívola e divertida que logrou conectar con todas as persoas que hoxe nos mostramos orgullosos de compartir o mundo con tal dama.
Xusto ao revés, a Thatcher encherá de ferro o seu cadaleito imperial e pasará á historia como unha muller que axudou ao mundo a recuar. Ela encarnou como poucos o liberalismo brutal que hoxe padecemos. Iniciou a debacle da Europa social, someteu á economía pública aos mercados e destrozou os soños de miles de familias obreiras, pechando minas e asteleiros para facilitar o traballo transnacional das empresas.
Se Europa dá a vergoña que hoxe dá, hai que llo agradecer sobre todo a esta soldado medieval, antisocial, anticomunista. A esta puritana madelwoman, precursora do capitalismo avanzado que padecemos, adalid da globalización, macarra colonial do Atlántico Sur, alineada cos americanos no seu dominio da riqueza e látigo de organizacións obreiras.
A morte nunca se celebra. Pero levarei un caravel bermello para xuntar aos millóns de flores limpas e puras que se xuntarán no cadaleiro de Sara. E seguirei mirando con desprezo aos vivos e aos mortos que fixeron que este mundo fose menos bo do que podería ser.
9.04.2013