Tribuna Viva
Acerca da marcha da corporación municipal de Jacobo Moreira
Nunha sociedade de participación como a nosa é normal que pensemos que un dos honores máis grandes que pode ter un veciño é chegar a ser elixido concelleiro da túa cidade, neste caso referímonos a Jacobo Moreira.
Estamos convencidos que un elevado número de veciños non valoramos seriamente o traballo dun concelleiro, falamos en xeral, sexa do partido que sexa.
Cantas veces un concelleiro pasará por momentos de angustia por un determinado asunto que non pode resolver á primeira?, a xente non chegamos a valorar o seu esforzo, senón que o único que facemos é criticalo polo seu labor, sen apenas saber nada do motivo polo cal non pode resolver como nós quixésemos.
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns queremos agradecer a Jacobo Moreira o compromiso coa nosa parroquia, a súa preocupación e disponibilidade para colaborar connosco, damoslle as grazas tamén por atender os nosos problemas e as nosas peticións, e por estar dispoñible en calquera momento en que necesitamos da súa presenza.
Desexámoslle muita sorte na súa labor política construíndo e promovendo os fins máis adecuados e propicios para o benestar dos cidadáns.
Asociación de Veciños O Chedeiro