Alexandre Alberte Moreira
Canto libre ao nudismo
o que non ía coa miña roupaxe,
de alta alcurnia traxeril,
e non un traxe pueril.
con incrustacións de marfil,
botonadura de nácar,
e sen petos a ambos lados.
é un traxe de guepardo,
é un traxe de visón,
non é de quita e pon.
tampouco de ocasión,
non é vestido de gala,
nin para asistir a recepción.
tampouco de Givenchy,
non me viste Armani,
é un traxe pre a porter.
e sedoso coma satén,
e non o cambéo...
porque non son serpe nin oso.
tampouco en Bangladesh,
non está feito a man,
senón por unha nai e un pai.
con o que a xente me ve,
non cabe na lavadora,
dúchome con el.
É meu traxe de nacemento,
estou contento dentro de el,
con el estou ceibe na praia,
vísteme de pes a cabeza e de cabeza aos pes.
Si aínda non sabes de que se trata,
si non sabes que vestido é,
invítote se fora posible,