Tribuna Viva
Agradecemento a María Rey
Tras a anunciada marcha de María Rey do partido Ciudadanos, a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns quere expresar o noso agradecemento a María Rey.
A súa colaboración e axuda coa nosa parroquia milenaria de Cerponzons foi importantísima, quizais pouca coñecida por moitos dos nosos veciños. María sempre estivo aí para o que necesitásemos, aínda temos moi presente no recordo cando foi a onda de incendios producidos en Cerponzóns e demáis parroquias veciñas, María Rey doou do seu peto varias ferramentas e utensilios para combater os lumes, unha petición realizada por algúns dos nosos veciños que todos os anos coidan dos nosos montes, María non o dubidou nun momento, só puxo unha condición, que non se dixese o seu nome, e así se fixo, creemos que agora e un bo momento que se sepa.
María Rey tamén foi a que presentou fai catro anos nun pleno do Exc. Concello de Pontevedra a petición de pedir o traspaso do tramo antigo da N550, onde está situado a Ponte Malvar, petición aprobada por todos os partidos políticos por unanimidade.
Agradecemos a María Rey o seu apoio ás nosas peticións cando estivo reunida con outros representantes políticos na nosa parroquia.
Grazas por todo María, grazas polo teu traballo, grazas por estar sempre desposta a escoitarnos, grazas polo teu gran de area ao longo destes anos con único fin, o traballar pola nosa Pontevedra e os seus veciños.
Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns.