Tribuna Viva
O Comando Mazá rexeita o novo caso de violencia machista na nosa cidade
Desde Comando Mazá, queremos amosar o noso rexeitamento a este novo caso de violencia machista na nosa cidade.
Queremos facerlle chegar o noso apoio incondicional a nosa veciña e as súas crianzas, e que sinta que non está soa neste momento, senón que, sempre estará acompañada, non só, por Comando Mazá senón por todo o movemento feminista da cidade.
Neste tempo no que o branqueamento da violencia machista semella ter un oco na axenda política, queremos mostrar o noso rexeitamento radical ao agresor.
Esta agresión debe ser condenada pública e colectivamente desde todos os ámbitos, institucional mais tamén social, para deixar ben claro que a violencia machista non é un feito puntual senón que é un problema estrutural e desgraciadamente hoxe amosou en Pontevedra a súa faciana máis noxenta.
Chamamos á condena masiva da violencia e revindicamos as rúas e as prazas como escenario da loita feminista. Todas unidas na rúa conseguiremos que as mulleres, ao fin, sexamos libres.
Por iso o vindeiro mércores día 4, ás 20:30 convidamos a todas as persoas que queiran a deixar na porta da Subdelegación do Goberno unha mazá, símbolo da resistencia fronte ese suposto edén no que seguimos sendo agredidas, violadas e asasinadas polo mero feito de sermos mulleres.
Comando Mazá