Juan José Esperón
Oficios dos veciños: o augador
AUGADOR
O Dicionario da Real Academia Española define Aguador(a) á persoa que ten por oficio levar ou vender auga.
Na nosa parroquia de Cerponzóns hai anos tivemos uns cuantos veciños que o seu oficio foi o de augador , un oficio moi popular que estivo expandido durante séculos por toda España e que co paso do tempo foi desaparecendo cando se comezou a fornecer a auga corrente nas casas, falaremos de estos veciños…..pero antes :
UN POUCO DE HISTORIA
O oficio de augador procede daqueles azacanes mouros que prestaron o seu oficio en varias cidades españolas, para realizar este oficio servíanse de cabalerías ou de carros de mans, téñense referencias diso desde o ano 1500 aproximadamente.
Foi Madrid orixe de asentamentos musulmáns, onde foron os precedentes dos azacans/aguateros, dicíase naquela época en Madrid : que non vaian correndo cos asnos, porque acaece topar e derrubar moitas persoas e hazer moitos danos, so pena de estar dez días na cadea.
O termo azacán deriva dunha voz árabe que significa augador, e como estes adoitaban estar moi afanados, aplicouse o seu nome para expresar unha persoa que está moi cargada de negocios e que estes o teñen continuamente ocupado, de aí a frase ESTÁS FEITO UN AZACÁN.
Durante moitos anos deste oficio podíase vivir, eran anos en que non había unha instalación que levase a auga ás casas, por iso, era necesario diariamente este servizo. Un servizo que era usado por aquelas familias máis podentes, mentres que as máis pobres tiñan que servirse das fontes, regatos etc.
E aínda que despois de comezar a instalarse o servizo de auga en todas as casas e empresas, o oficio de augador aínda estivo durante anos ao pé do canón, eles ofrecían a súa auga máis pura e saudable, moito mellor que aquela que corría por depósitos e tubaxes.
Non sabemos exactamente como desenvolveron o seu traballo os nosos veciños que se dedicaron a este oficio. Temos referencias de que algúns deles fóronse a traballar a Portugal, quizáis debido a que alí gañasen máis cartos, porque ademáis de servir auga pura, había quen servía auga con diversos sabores, a auga era mesturada con anís , azar, canela, guindas, limón, cebada etc.
Corría o ano 1845 e no padrón realizado neste ano da parroquia de Cerponzóns, indicábanos sen exactitude, que entre os lugares de BIGARIO, BRAVO e A COSTA, viviron uns veciños que tiveron o oficio de augador.
Vivía a familia de Agustin Crespo, él contaba naquel momento 54 anos, estaba casado con Dª…..González, de 52 anos, este matrimonio tiña unha filla, de nome Juana Crespo, de 22 anos.
Agustin marchouse para Portugal a traballar de augador, mentres a súa dona e a súa filla quedaron na casa, onde á parte de realizar os labores do fogar, estaban como labradoras no devandito padrón.
Pero tamén vivía nestes lugares, Nicolás Martinez, solteiro, de 26 anos.
Nicolás tiña catro irmáns, todos eles labradores, vivían cos seus pais José Martínez, que contaba 52 anos e á súa nai Benita Fontecoba de 56 anos.
Nicolás tamén figura no padrón dese mesmo ano como augador en Portugal, ou mellor foi o seu veciño Agustin quen lle dixo que se fose con él, que había choio para os dous.
Quen sabe !
Fose dunha maneira ou doutra este oficio tiña as súas dificultades, dado que había moitos clientes que non podían esperar á cola, pois podían ter cargas familiares ou por motivos laborables, ou quizáis porque era xente maior ou porque non podían cargar pesos etc. etc. muitas das veces había que subir e baixar escaleiras, cargados coas garrafas.
Dificultoso tamén era o realizar este traballo nos días chuviosos ou posteriores, debido que os lugares por onde tiñan que pasar non estaban acondicionadas para poder desprazarse co carro ou a burriña, lugares practicamente cheos de barro por todas as partes.Por iso os augadores tiñan daquela moita clientela que era xa fixa.
Podemos decir dos nosos veciños que profesaban este oficio que naqueles tempos había por estos lares dous tipos de augadores : fixos e ambulantes.
Os primeiros tiñan a garrafa de auga de tamaño grande e montada encima de unha mesa. Os ambulantes usaban unha garrafa máis pequena, e levanna o lombo, andaban polo medio da xente, ofrecendo a súa mercadeiría, e dicindo: "Auga de limón fría e doce...!", era o máis habitual.
A garrafa consistía nunha vasixa cilíndrica, e por fora estaba cubierta con cortizas de sobreira, con un billote na base é para estar por riba dunha mesa, tamén tiña unha correia de coiro para botar o lombo.
Tamén poñianlle encima da cortiza unhas ramas e fento, desta forma a auga estaba máis fresca. O augador levaba na man unha cesta grande de lata, chea de auga, nela levaba os vasos pra darlle de beber a xente.
Nas festas a donde acudían, solían levar tamén auga preparada con zucre e limón, ou a veces tamén usaban esencias mercadas na botica, xa que resultaban máis baratas.