Tribuna Viva
Organizacións sindicais esixen á Xerencia dos Hospitais de Pontevedra a retirada inmediata de máscaras pestilentes
As Organizacións Sidicais, CIG, UGT, O ́MEGA, CSIF, CCOO , TSP E SATSE, integrantes da Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Pontevedra, manifestan que o pasado día tres do presente fixeron denuncia pública a través dos medios de comunicación locais da aparición de varios lotes de máscaras pestilentes no ámbito desta área sanitaria.
A denuncia feita no seu día tivo como consecuencia unicamente a retirada da caixa entregada en consultas externas no hospital Montecelo, por orden de Mediciña Preventiva. Esta denuncia tamén foi transmitida á Xerencia na xuntanza do pasado mercores 3 de xuño.
Para a nosa sorpresa a Xerencia non mostrou descoñecemento do tema, pese a terlle dito que tiñamos denuncias do persoal perxudicado polas mascaras que afirman sufrir irritacións en ollos, faciana e imposibilidade de mantelas postas.
O xerente anunciou a "intención" de solicitar un estudio e informe técnico de ditas máscaras, pese a intervencion nesa mesma xuntanza dun técnico superior en prevención de riscos laborais.
Este esixiulle a retirada inmediata de estes lotes, pero o xerente aferrouse á decision manifestada anteriormente (mentres vai e ven o pau, descansa o lombo. Sabiduria popular).
Ás preguntas de
- Cantos lotes e máscaras?
- Onde se repartiran?
- Quen as mercou?
Etc, etc, non tiveron resposta por parte do equipo directivo, pese a presencia do Sr. Dtor de Xestión Económica (convidado de pedra) presente ó longo de toda a xuntanza. Esiximos novamente a retirada INMEDIATA de estas máscaras e respostas ás preguntas anteriormente mencionadas.
De non dar cumprida resposta a esta demanda trasladaremos denuncia ante a Inspección de Traballo e Fiscalía de Pontevedra, se fose necesario, por se se estivese a cometer delito contra a saúde das traballadoras e traballadores da sanidades pública e incluso contra a poboación afectada, por canto, tamén eran facilitadas ós familiares de doentes ingresados no complexo.
CIG, UGT, O ́MEGA, CSIF, CCOO , TSP E SATSE