Tribuna Viva
Agradecemento á Deputación da Asociación de veciños Serra Seca de Castro
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SERRA SECA DE CASTRO
Esta semana remataron as obras de mellora que a Deputación Provincial de Pontevedra estivo realizando dende o mes de xuño na estrada principal do lugar de Castro (Seixo).
Tódolos anos, nos meses de marzo ou abril, o servizo de obras e limpeza da Deputación acomete un mantemento na zona desbrozando e limpando o entorno da estrada.
Cada vez que o ente provincial realizaba esta “posta a punto” os usuarios deste vial nos atopábamos cun problema de inseguridade, pois o ancho da estrada quedaba reducido e as marxes amosaban grandes zanxas nalgúns tramos, co resultado dalgúns coches que quedaban varados por meter as rodas nas cunetas ou caídas de persoas.
Dende a Asociación de Veciños Serra Seca nos diriximos á Deputación a por en coñecemento a lamentable situación na que nos atopábamos e buscando unha solución.
Cabe lembrar que o lugar de Castro é un lugar de paso hacia Seixo ou Marín, cunha gran afluencia de tráfico que se incrementa considerablemente nos meses de xuño a setembro coa chegada do bo tempo e as visitas ós areais marinenses coma ás praias de Aguete ou Loira.
Despois de varios trámites e reunións a nosas peticións víronse materializadas coa canalización das pluviais, facendo recheos e pechando as cunetas, polo que dende o colectivo veciñal queremos agradecer o traballo desenvolto pola Deputación Provincial, así como ás persoas que estiveron traballando durante estes días. Sen a súa colaboración e traballo sería imposible garantir e manter a seguridade vial na zona non só para os vehículos que transitan por ela, senón tamén para os peóns.