Tribuna Viva
Movemento pola Igualdade Educativa
Con motivo da redución de horario lectivo das clases de bacherelato do IES Valle Inclán de Pontevedra, os pais e alumnos están promovendo varias accións para igualar a xornada lectiva de horas, as das clases da E.S.O. e de otros centros. Todo co fin de non haber desigualdade na educación, con prexuízo para futuras probas de acesso a universidade entre alumnos da mesma provincia e incluso cidade.
Entre outras abriron unha recogida de firmas na plataforma “change.org”, co título -educación presencial en bacharelato- xa se levan recollidas cerca de 1.000 sinaturas.
Tamén hai unha petición escrita a través do ANPA do IES, para manter una reunión co xefe territorial de Educación en Pontevedra e o inspector de Educación. Polo momento, non responderon. (sempre están reunidos)
Haberá unha concentración hoxe as 18:00 horas na rúa Raiña Vitoria de Pontevedra, co fin de concenciar á Xunta de Galicia de que se faga xustiza nesta desigualdade.
Están pendentes outras mobilizacións, no caso de non haber intencións de solucionar este grave problema.
Javier Poza