Claudio Quintillán
Un parque de ostricultura en Campelo-Poio
Ata mediados do século XIX, a Ria de Pontevedra como outras rias de Galiza era productora de ostra plana (Ostrea edulis) a través dos moitos bancos naturáis donde se facían grandes extraccións, xa que existía unha forte demanda déste producto que sempre contóu con aceptación o longo da historia, aparecendo restos dende os enclaves castrexos.
Pero foi a partir da segunda metade do século XIX cando debido a sobreexplotación, ese recurso escomenza a escasear e da lugar a algunhas iniciativas experimentales para criar ostra baixo control nunha especie de viveiros chamados parques, os parques de ostricultura.
A Senda da Ostreira na costa do Concello de Poio, tan visitada dende súa apertura, entre Campelo e A Seca, recibe ese nome, non só polo feito de pasar a carón dunha franxa do litoral donde se daba a ostra, senón porque foi ahí, donde se fixo a primeira construcción na Peninsula Ibérica dun parque de ostricultura para súa cria e propagación no ano 1868 (aínda visible), logo virían outros parques e incluso a creación dunha escola de ostricultura en Ortigueira varios anos mais tarde.
No verán do ano 1869, o prestixioso catedrático, científico e naturalista D. Mariano de la Paz Graells Agüera (1809-1898), vogal da Comisión Permanente de Pesca do Estado, realizando a "Exploración científica de las costas del Departamento Marítimo del Ferrol", co estudo dos parques de ostra naturáis e artificiais da costa galega dende o Rio Miño, inspecciona o parque de Campelo acompañado do seu impulsor, o veciño de Pontevedra D. Diego González, quen explica que para a construcción do parque traballaran 50 persoas, para facer os muros con lousas das rochas e preparar as condicións do novo hábitat con tellas, caixóns de madeira, paus de piñeiro, cunchas de ostra e vieira e ata un pequeno bote fundido, contando ademáis con vixiancia e caseta para o garda, dando unhas 200.000 unidades de cria o ano, considerado todo un referente productivo do primeiro nivel.
Celso García de la Riega, en "La Ilustración Cantábrica",1882, daba conta daquela visita do Sr. Graells a Campelo, donde indicaba a categoría do parque de ostras como o número 1 de España.
Sen dúbida, referenciar éste patrimonio no lugar donde se atopa, mediante a colocación dunha cartace informativa na Senda da Ostreira, daríalle un valor engadido a visitantes e a historia marítima do Concello de Poio e Ria de Pontevedra.