Marta Rodríguez Engroba
Labios vermellos si... segundo quen os leve!
Lamento que a miña opinión non mude, pero van pasando os anos e teño que seguir dicindo que hai un certo tipo dun creo que mal chamado feminismo, que, nin son quen de entender, nin moito menos comparto.
Un "feminismo" que se cre con potestade para dictar normas, para decidir quen é digna ou non do "carné de feminista", que, ollo!, non por ser otorgado está libre de ser retirado en calquera momento, e que ten diferentes variñas de medir ante idénticas situacións, dependendo, básicamente, de quen as protagonice.
Un claro exemplo para min do que estou a dicir é a campaña que se fixo viral hai unhos días, que esa é outra.
Agora semella que ningunha causa, se non se fai viral, é digna de ser defendida, pero, ao que ía:
A campaña en cuestión, baixo a etiqueta #VermelhoemBelem, naceu como resposta as críticas machistas das que foi obxecto a eurodiputada portuguesa Marisa Matías polo candidato dun partido da ultaradereita, que nun acto de campaña a acusou de "pintarse os labios coma unha boneca", por levalos maquillados de cor vermello, o que fixo que, rápidamente, as redes se inundaran de selfies de multitude de persoas, coñecidas e anónimas, cos labios pintados da mesma cor, rexeitando o ataque e apoiando a Marisa Matías.
Non teño, que quede claro, nada en contra desa campaña, malia que creo que precisamos con urxencia concienciarnos que hai moitas causas que non son virais, todo o contrario, que son case invisibles, que precisan apoio urxente, e que semellan non existir, pero bueno, ese é outro tema do que hoxe non vou falar.
O que quero contar é que se me quedaron os ollos como pratos cando comecei a ver nas redes as caras dalgunhas mulleres que non me eran descoñecidas e que se engadían a esta campaña, facéndose un selfie cos seus labios de cor vermello.
Curiosamente, eu mesma fun obxecto das críticas de moitas delas, e ainda o sigo sendo dalgunhas, cando comecei o meu traballo na loita contra a violencia de xénero por idéntica razón e tamén pola miña maneira de vestir.
Ainda lembro a frase dunha delas: "Como vai axudar coa pinta de pija que ten?", como tamén lembro o miserable que me fixeron sentir nalgunha xuntanza, moi poucas, todo hai que dicilo porque nunca me sentín cómoda, as que acudín e nas que estaban algunhas, ata o punto que nunha delas levanteime e marchei……e ata hoxe, porque teño claro que non vou repetir.
E agora, cun par, con perdón, saen defendendo a unha muller polo que censuran sen piedade noutra? E supoño que non sería soamente a min!.
E a isto lle chaman ser feminista?. Por favor!.
Francamente, non as vexo moi diferentes do troglodita que atacou a Marisa Matías, porque durante anos as escoitei criticar a aquelas que non se axustaban as súas "leis feministas", entre as que figuraban, por suposto, a obriga de ter que cumplir cuns certos patróns estilísticos, e todo aquelo que se achegara "sospeitosamente" a unha apariencia "pija", como elas a denominaban, e, por suposto, as que a lucíamos, eramos e somos automáticamente rexeitadas e declaradas oficialmente descerebradas.
E alucinante, ademais de indecente, que mulleres que se autoproclaman feministas, e mais, que se cren ser representativas do feminismo, ademais de ter a ousadía de "seleccionar" a quen elas consideran ou non válidas, o fagan por motivos tan superficiais como a estética, e falen despois de machismo, de patriarcado…….E eu pregunto, como se lle chama ao que elas practican?. Sororidade?.
Se non fora porque non ten gracia ningunha e porque é moito o dano que fan, mesmo me sairía unha gargallada.
Pero aquí están agora, tan ricamente, facéndose os seus selfies, cos seus labios vermellos, apoiando a outra muller, e espallando todo ese "feminismo" que elas mesmas acuñaron, seica, coma soamente elas saben facelo.
Pasaron os días, e ainda me dura a sorpresa, e unha dúbida me corroe: A ver se o meu foi por non ser eurodiputada!, porque claro, para todo hai clases na vida, e tamén para os labios vermellos, que son dignos de ser apoiados ou non…..según quen os leve!.
Asociación Si, hai saída