Tribuna Viva
Comunicado do Comité de Empresa da fábrica de ENCE
Ao longo do pasado venres 22 de xaneiro, celebramos asembleas dirixidas ao persoal de fábrica de Pontevedra. Estas asembleas forman parte dunha folla de ruta aprobada polo Comité, co obxecto de trasladar á plantilla a necesidade de analizar tódalas vías posibles para garantir a continuidade e o futuro dos nosos postos de traballo.
Como parte dese plan, tivemos recentemente diferentes reunións con representantes de tódolos partidos políticos con representación no Parlamento Galego e Congreso dos Deputados, e co Vicepresidente Económico do Goberno Galego entre eles.
Así mesmo, estamos a concretar a data da reunión co Secretario de Estado de Industria.
Froito desas reunións, e tendo en conta tamén diversas declaracións e accións da Empresa que xeran en nós desconfianza sobre as súas verdadeiras intencións, entendemos que é preciso sentar a tódalas Administracións (Goberno Galego e Español), partidos políticos, empresa e Traballadores/as para atopar a solución definitiva que garanta o futuro dos nosos postos de traballo.
Se durante as próximas semanas non hai respostas positivas neste sentido, iniciaremos mobilizacións na busca desas respostas.
Comité de Empresa da fábrica de ENCE