José Luis García Pedrosa
Telmo Martín "agradece" os esforzos dos empregados do Concello durante a pandemia sumprimindolles parte das prestacións da incapacidade temporal
Onte o Goberno municipal de Sanxenxo acordou no Pleno celebrado recortar a cobertura das situación de incapacidade temporal do seu personal.
Os Sindicatos chegamos a un acordo co Goberno de Mariano Rajoy para recuperar a percepción do 100% do salario nas situacións de baixas por enfermidade. Dito acordo tomou forma de Lei, despois da moción de censura, coa aprobación dos orzamentos xerais do Estado do ano 2.018, no mes de xullo. Dende esa data a práctica totalidade dos empregados públicos da Administración central, autonómica e local recuperaron ese dereito.
No caso da Xunta de Galicia dita recuperación fixose efectiva o 1 de xaneiro de 2.019.
Como non podía ser doutra maneira todas as Administracións gobernadas polo Partido Popular en España aplican a percepción do 100% do salario nas situacións de I.T. ao seu persoal, agás agora o Concello de Sanxenxo, polo tanto resulta evidente que Telmo Martín non está aplicando as políticas do Partido Popular, facendo el o que lle vén en gana…. e o Partido Popular permitíndollo.
Como tamén sucedeu coa privatización do servizo de axuda no fogar, ( que pasado máis dun ano aínda non se concretou, noutra nova demostración de ineficia na xestión), os culpables sempre son os traballadores que o "obligan a él" a tomar nedidas.
Detrás desta e doutras medidas, como a denuncia do Convenio Colectivo, o que está realmente é a preocupante situación financieira do concello de Sanxenxo, que pouco tempo despois de aplicado un Plan de Axuste, esixido no seu momento polo Ministro Cristóbal Montoro, atópase a piques de afrontar unha situación similar polos erros permanentes de xestión.
O Concello de Sanxenxo ten unha imperiosa necesidade de reducir gastos, e outra vez máis van ser os seus traballadores quen paguen as consecuencias da mala xestión dos Gobernos. É a compensación que reciben polos esforzos realizados nos servizos municipais durante a pandemia.