Pedro J. Peón Estévez
ENCE - RELHAR
Encerelhar: Enmaranhar, embrulhar, enlear, embarulhar, ensarilhar, enredar...A palabra aínda ten máis acepcións pero abonda coas devanditas.
23 - 04, día do Libro, do libro de papel ( non sei se tamén dese que lhe din e-book os esnobs ) Falo do libro de toda a vida, o que non se lhe esgotan as baterías, o que cae o chan e non rompe, o que pasa por moitas mans e adoita ter anotacións entre linhas e nas marxes, o que acompanha nos andeis, o que se deixa en herdanza e que agradece que o impriman en papel reciclado. Despois está Sant Jordi pero dese sobra quen fale.
O 23 - 04 - 2021 cúmprense 20 anos do arraso da Praza Dos Praceres. Algo que relembrar, nada que celebrar...menos que perdoar. Para levar adiante ese esperpento e por primeira e derradeira vez na historia, tódalas forzas políticas, mercantís, mediáticas, represivas, xurídicas se fundiron nuha pinha ó sevizo do capital e descaradamente contra o povo de Lourizán; sumisos do poder; arrogantes co povo; a globalización da mesquindade, benquerido Saramago. Porque non teriamos medios pero,amigos, os melhores: Xosé Lois MÉNDEZ FERRÍN e XOSÉ SARAMAGO. Podemos presumir, e presumimos, da súa amizade. Poucos poden dicir o mesmo.
Bótase a faltar na praza un monolito-homenaxe cos nomes de: Teresa, Lidia, María, Maruja, Fátima, Isabel, Elvira, Esperanza, Carme, Lola, Chelo, Dolores,Gloria, Teresita, Carme...etc. E perdoádeme benqueridas e valentes companheiras se non me lembro de todas. No anverso do monolito estarían Xaime Sr., Eladio, Pablo, Xaime Jr., Rafa ( o gran Rafa! ), Manuel, Xesús, Manolo, Xosé, Paco, Ramón, Anxo, Luís, Tacón, Xoán...e tantos e tantos que me esqueceron, perdoádeme irmáns.
Tamén debería haber un monumento (aínda que fira de bosta) con algúns nomes máis ou menos famosos. A saber: Tomás Iribarren, Abeledo, Fraga, Lores, Agustín (o de Marín), Roberto, Cuíña, Toneco, M. Rajoi....e moitos outros promotores do tren que tenhen a obriga de eliminar os pasos a nivel pero fanse o avión... E NON PASA NADA !!!! Xa o dixo Fraga: "Spain is different"...
e tan different !
Encerelhar. A celulosa non para de encerelhar coas paridas do seu particular "dúo Sacapuntas" (Colmenares - Casal)...que par de monifates para os títeres do gran Barrigaverde !
Está máis que claro que un bo fato asiático de dirixentes celulosos queren "levantar a polaina", é dicir: liscar levándose unha boa presa de "parné" e se montan o circo que están a montar é porque pretenden facelo pola porta datrás coa excusa de certa caldeira que "pode explotar" e pirarse berrando "o que venha atrás que arree!" Deixando ós empregados cun palmo e o mamotreto sen desmantelar. Ben pensado, pero vai a Xunta do Feijó e sae ó quite dicindo que de explotar nada, que todo está moi ben. Mentres tanto, o seu plantel de picapleitos di que o artigo do cambio climático é inconstitucuonal...outra vaca no milho! Merda!, hai que cambiar de extratexia! Vai Casal e larga que hai mogolhón de mercurio no subsolo da factoría e que representa un perigo grave para propios e extranhos, xogada inxeniosa onde as haxa. Pero vaites que volve a xunta a meter a zoca dicindo, con toda a súa boa fé, que de mercurio nada....Os celulos xa non saben que inventar; o can da xunta sempre lhes caga diante!
Os títeres, ou se fan ben ou non se fan porque despois hai que andar a parchear a opinión pública con pasta se ter necesidade. O guión non é malo (nin bo) pero estas cousas hai que ensaialas para evitar que espontáneos da dereitona mandante arruínen os plans. Barrigaverde nunca contrataría a Rueda E Feijó.
Irei á praza, verei os pasos a nivel ilegais e, por último, tomarei algo na de O Roxo.