Tribuna Viva
Esquerda Unida denuncia ante a Xunta o total abandono da Estación de Autobuses do Grove
A agrupación local de Esquerda Unida ven de denunciar ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o total abandono no que se atopan as instalacións da Estación de Autobuses do concello do Grove. Papeleiras cheas e sen recoller dende hai tempo, lixo por todas as esquinas, sucidade, mobiliario esnaquizado,... son algúns exemplos da imaxe que se atopa calquera persoa que se acerque ás instalacións públicas situadas na zona portuaria.
Os esquerdistas consideran que esta non é a imaxe que as persoas que visiten un concello turístico como O Grove se pode atopar nada máis poñer o pé en terra meca, nin a que debe soportar a veciñanza que decide utilizar o transporte público.
É por iso, que logo de denunciar esta situación ante a Xunta, titular das instalacións, piden tamén ao goberno municipal que faga o propio como Concello e lles esixa que poñan fin a esta lamentable situación.
ESQUERDA UNIDA O GROVE