Pedro J. Peón Estévez
Tódo-las mozas e mozos da minha idade...
...pasean pola rúa de dous en dous.
Tóda-las rapazas e rapaces do meu tempo saben ben o que é ser feliz; xuntando os olhares; xuntando as mans vanse namorados sen medo ó Futuro...Así cantaba a tímida e xenial cantautora Françoise Hardy en 1962 na, para nós, remota Franza. Vista desde hoxe, esta canción na doce voz da autora, poderá parecer simplona e intrascendente pero cando se é adolescente na escura e inquisitorial Espanha de entón, este tema é todo un clásico, unha balada liberadora que fica no noso espírito como banda sonora ineludible da nosa existencia. O tema segue falando do penar dela por non haber que a queira; todos ían emparelhados e felices menos ela dándolhe un puntinho dramático, que nos intuiamos mesmo sen entender as palabras. Trabucábase Françoise porque eramos varios milhóns os mozos, e non tan mozos, que a queriamos...e a queremos.
Grazas senhora por redimirnos en amor. Non o amor lírico, nin virtual, platónico ou culpable. Aquel amor branco e puro que os pais espirituais da dictadura sempre achaban pecaminoso. Amor real, claro, bonito: ...et les yeux dans les yeux, et la main dans la main...Infinitas grazas.
Outras moitas cancións súas nos acompanharon ó longo de décadas.
A musa que conquistou o mundo coa mornura da súa voz, o seu olhar fondo, a beleza serea e o talento prolífico, foi inxustamente presa do máis inxusto e ruín dos males. Quen nos construiu un mundo melhor para nós esqueceuse do seu propio e arestora debátese coa dor brutal dun cancro de farinxe. O calvario que está a pasar esta criatura é horrible e vai a peor; unha dor desmesurada que xa non acalma con nada.
Por iso a valente Françoise Hardy pide, roga, suplica axuda para morrer dignamente, cousa que en Franza é ilegal....que é legal entón? A tortura de Françoise? POR QUE !?
Franza: legaliza axinha a eutanasia e libera dunha vez á túa desventurada filha.