Tribuna Viva
Resposta á Fernández Arruti, directora asistencial da área sanitaria
Despois de ler a entrevista á Dra, Fernández Arruti publicada en varios medios de comunicación, os portavoces dos PACs non podemos deixar de responder e mostrar a nosa decepción, vendo que en lugar de buscar solucións o que queren é continuar na liña de desprestixio cara aos profesionais dos PACs e da atención primaria na que se veñen movendo nos últimos tempos.
A directora asistencial fala de que estamos a presentar calendarios moi por debaixo do límite, cando en realidade a nosa xornada está perfectamente recollida no noso convenio, e veuse cumprindo nos últimos anos sen ningún "pero" por parte da dirección.
Está xornada está axustada ao número de horas nocturnas e festivas que facemos ao longo do ano, que supoñen unha altísima porcentaxe do total, e implican un réxime de descansos axeitado.
Para aplicar unha extensión da mesma como decidiu a xerencia no mes de setembro, de forma unilateral, deben chegar a un acordo na comisión de centro e adoptar simultaneamente medidas para buscar persoal e restituír a normalidade.
Asimesmo a directora asistencial explica como se viu obrigada a elaborar calendarios alternativos aos propostos polo persoal. Só algúns PACs recibiron a solicitude de modificación dos calendarios, e dos que o recibiron só foron aceptadas as propostas de dous.
Nos calendarios impostos (que non acordados nin negociados) o reparto de horas non é equitativa nin segue ningunha cadencia, senón que se fan recaer sobre o persoal asignado a cada PAC a maioría de horas de festividade e fin de semana, quedando as quendas de menor penosidade para a cobertura co persoal voluntario ou eventual. Non se respecta nalgúns casos o descanso entre turnos, e fan "desaparecer" dos calendarios os nomes de compañeiros que se atopan de baixa ou os ocos de xubilacións recientes, o que nos fai pensar en amortizacións encubertas.
A nosa postura segue a ser a de negociar coa dirección asistencial, dirección médica, dirección de recursos humanos de forma colectiva (1 representante por PAC). A pesar de que esto foi solicitado por rexistro o 23 de setembro, desde a dirección só nos convocan individualmente para elaboración de calendarios que xa foran impostos antes das convocatorias.
Na reunión que nós pedimos seriamos 13 persoas polo que dada a melloría da situación epidemiológlxica con respecto á COVID non vemos risco nese sentido.
Cremos que todos os conflictos que se deben abordar deben ser comentados de forma conxunta, e urxe máis que la solución dos calendarios individuais de cada PAC, motivo polo que reunirnos en 9 sesións diferentes so consegue aumentar a demora na resolución dos problemas globais.
Cremos que unha problemática colectiva como a que vivimos non se soluciona con interlocutores individuales senon que debe ser un intercambio de ideas, e que de nada serve pechar toda porta ao diálogo co colectivo do persoal dos PACs.
Nos parece que xa que somos os máis prexudicados nesto, merecemos a lo menos un mínimo do que pedimos: reunirnos a directora médica de AP, a directora asistencial, a directora de RRHH, o xerente e os 9 portavoces dos PACs.
Irene Pardo (portavoz dos representantes dos 9 Pacs)