Pedro J. Peón Estévez
Unha rúa sen nome; un nome sen rúa
Vexo na prensa que o concelho vén de descubrir que a Rúa do Monte do Taco non ten nome... Aleluia ! Un momento...como que non ten nome ? e logo Monte do Taco que ? Seica ese non vale que lho puxo a xente. Como o de "Ponte dos Tirantes", ou ese tampouco vale ? Ben, facendo un grande esforzo de maxín, a tal rúa vaise chamar (atenti!) Rúa da Ribeira do Gafos ! Aí queda iso ! A ninguén se lhe tería ocurrido... un momento !, e a moi castelá "Puente Nuevo" logo ? Vale xa; non me líes... A partir de agora "Ribeira do Gafos" e non se fale mais, rediola !
Tiremos para o monte, melhor dito, para a comarca de Terra de Montes, ( ou o que queda dela despois de ser desmembrada polo pepé ) concretamente para Forcarei, patria de Avelino Cachafeiro, terra da Richada. Alá onde o Lérez aínda é mozo, cristalino e cantareiro porque aínda non sabe o que lhe espera en chegando a Lourizán, na ría de Pontevedra. Ali naceu un cativo chamado a ser o meirande cineasta galego de tódolos tempos: Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis conhecido por Chano Piñeiro. Este ilustrado boticario sería o pai, entre outras, da curta costumbrista " Manasunción ", unha verdadeira xoia do séptimo arte feita en Galiza e en galego, o mesmo que Sempre Xonxa, primeira longametraxe da nosa historia Estes dous trabalhos fican nun lugar e honra dentro do patrimonio cultural galego. Para honrar a súa memoria, o IES de Forcarei leva o seu nome e na praza do Concelho erguéronlhe un monumento. Vigo dedicoulhe unha rúa, Ourense outra, Gondomar bautismou un colexio co seu nome, e Pontevedra...?? Se non me engano, Forcarei pertence á provincia de Pontevedra e a cidade de Pontevedra vén sendo capital da provincia, Forcarei incluída. En Forcarei, Gondomar, Ourense e Vigo hónrase a memoria de Chano e en Pontevedra non ? Pártame unha centelha se o entendo. Tenho que falalo con Anabel, unha paisana de Chano, pero ata non a vexo moito ultimamente. Tamén me agradaría saber que opinión lhes merece isto a Mariluz e Uxía, as musas de Chano pero aínda as vexo menos.
E remato xa. Paso pola praza de San Xosé, ou da Cultura, ou dos Músicos, ou vaia vostede saber e no Faladoiro munumental vexo o mesmo: seis pirilas; ningunha dona e dúas cadeiras baleiras. Se cadra Rosalía, Pardo Bazán, Daría González, M. Victoria Moreno, Concepción Arenal, Rayda Lusquiños, María Casares, Carolina Otero, Maruja Mallo... etc. non son merecentes de tal agasalho...Chi lo sa !
Con tódolos respectos, coido que xa é tempo da xustiza.