Pedro J. Peón Estévez
Non des a esquecemento
O vimdeiro xoves 10 cumpriranse 63 anos da meirande represión fascista perpretada no areal de Lourizán, na ría de Pontevedra.
A esnseada de Lourizán vinha soportando sucesivos atentados desde finais do XIX. Entre o lugar de Pontemuínhos ( o lugar, non o barrio ) e o Cabo dos Praceres foi contruído nos primeiros cincuenta, un muro de canteiría a través do mar; muro feito con cargo ó erario público e camuflado como vieiro entre portos. Aínda hoxe está por definir a natureza do amentado vial; uns din que é autovía, estrada nova, PO 11...Segundo os da celulosa é autopista pois publicaron a finais de febreiro de 2016 "eso nunca será una playa; ¿donde se ha visto una playa cruzada por una autopista?" e digo eu, onde se viu unha autopista coa cancela da celulosa aberta directamente a ela -se utilice ou non-? O nome real ou, cando menos, o máis lóxico, é o que lhe puxeron os vecinhos de Lourizán no exento de certa retranca: AVENIDA de MARÍN.
E foi ó longo desa "Avenida", aínda terrenha, que chegaron os carros da policía franquista para levar detida xente inocente e desarmada que tan só defendía o PAN dos seus filhos; esa " avenida" que foi asfaltada e aberta ó tráfico rodado o ano 1969...VINTE anos despois de rematada; SEIS anos despois de inaugurada a celulosa.
E unha vez rematados avenida e ferrocarril, veu a draga Amparo ( este nome é puro escarnio ) e todo foi CHEGAR E ENCHER, en plan "barato,barato, paisa". Agora falan de...como era?, adscribila ó porto de Marín, para maior gloria da Costa (Suárez)
En fin:
"Bótalhe ó pote unha língua de porco,
minha mulher, xa que andamos en línguas.
Bótalhe ó pote unha língua de porco...."
Xa nada é, tan siquera, segundo o cristal con que se mire. Agora todo é segundo a etiqueta que se lhe colgue. Se á enerxía nuclear é o gas lhe chamamos "enerxía verde" e á celulosa lhe chantan unha gravata - tamén verde- e dinlhe "biofábrica", xa quedan excomulgadas de por vida. Problema resolto; acabouse a contaminación. Seremos os mortos máis felices e do cemiterio.
De calquera xeito, non esquezas que van alá 63 anos da cruel entalhada fascista e aínda ninguén tivo a valentía de pedir perdón.