Pedro J. Peón Estévez
Spain is different (II)
SPAIN IS DIFFERENT, CARALHO ! II
- Que desgraciado o Frascalli ! Cando o colha vouno a escaralhar ! -berrou Canducho. Os outros dous riron a cachón.
- Non se preocupen, eu lhes direi como tenhen que actuar. Saiban que en Suecia tódalas mulheres son dignas de respecto, especialmente ás trabalhadoras do sexo. Xa lhes direi eu como abordalas formalmente. Manolo chamou ó camareiro:
- Ghicho, trae tres pomes máis, machinho.
- Por que lhe chamades así ? -preguntou o sueco.
- Porque a forma galega de Vigo é Ghicho, Ghichinho cando hai confianza. Ben, e xa que cadra en conversa, eu chámome Manolo e este, Cándido...e vostede ?
- Fred, Freddy para os amigos e tamén son medio espanhol.
- Andá, e iso ? -preguntaron Cándido e Manuel case a un tempo.
- Cousas que pasan. Agora vouvos informar da cidade, dicirme; que sabedes de Suecia ?
- Que a maciza da Ingrid Bergman era estocolmenha ela - apuntou Cándido.
- Holmiense -correxiu Fred.
- Que fai un frío que nindiola e que debe chover moitísimo...-dixo Manuel simulando arrepío.
- Si, hay auga por todas partes - engadiu Cándido- As rúas están enlagadas.
- Son canais, a cidade está construída sobre ilhas, por iso lhe chaman "a Venecia do Norte". Tedes que visitar Gamala Stan, a zona antiga e o Templo de Jesucristo dos Santos dos Últimos días....
- Para, Freddy, para. De verdade coidas que imos a ver as casas velhas do tempo de Maricastanha da gamela están esa ? - preguntou un desgustado Manuel.
- Víchesnos cara de mexapías para ir á Igrexa esa dos últimos santos ? Home; outra cousa non teremos en Galiza, pero igrexas... Nós si que sabemos cousas de Suecia...oes Freddy, sabes quen era Pipi Medias Longas ? Arrímate acá Manuel....a ver, darémosche unha pista:
(comezan a cantar) "Yo soy Pipilastru, pipilota para los ninhos soy...ai la ra lalá láralaralá lalalalalalá, lalá...."
- Por favor senhores, un pouco de cordura, séntense e tomen algo; eu convido.
- Diso nada Freddy, pagamos nós ! Ghicho; trae tres pomas e apúntalho á 214 ou 215, tanto ten - ordeou Manuel medio chispa.
- Moi ben, pero séntense e escoiten con atención. Nos sesenta - setenta Espanha estaba de moda como destino vacacional para o norte e centroeuropa. Había sol, alcohol e festa...
- E dictadura !
- Si, pero era barata. Un daqueles veráns pasouno a minha nai na Costa do Sol. Tanto se divertiu que gastou ate a derradeira coroa e quedou sen con que mercar nin o bilhete de volta. Non tinha cartos pero era moza, guapa e sabía como conseguilos, e non pensedes mal. Naquela altura en toda a costa mediterránea estábanse a rodar un fato de mediocres películas con mulheres bandeira e machispánicos en calzoncillos. Eran subproductos para publicitar o turismo pacato da dictadura pero, cando quixeron decatarse, enchéuselhe Espanha de bikinis e os censores fixeron a vista gorda porque o invento daba cartos. Ben; nun de tantos hoteis, unha daquelas productoras facía un casting para un de tantos bodrios. Sempre buscaban mozas extranxeiras ou con pinta de selo. Mamá Gittan presentouse en bikini e tódolos olhos pousaron nela, múos de asombro. Nin que dicir ten que lhe deron un papel con frase e todo.
- Gittan ? Era xitana ? - quixeron saber os mozos.
- Non. Gittan é hipocorístico do sueco Brigitta, que vén a ser a Brigitte francésa ou a Brígida espanhola. A minha nai pediulle cartos e déronlle unha manchea deles a cambio dunha sinatura nun recibo e convidárona á festa de comezo da rodaxe no salón dese mesmo hotel na fin de semana seguinte.
- E foi?
- Si, e tamén as súas amigas. E tal como adoitaba, foi a alma da festa. Comeu abondo, bailou moito, fumou máis, bebeu demasiado e...mareouse. O actor protagonista non era nada bo mozo pero a ela caeulhe tremendamente simpático e aceptou de contado o ofrecemento del para reporse no seu cuarto. Ali aseouse, ceou, descansou e... Cando saiu do hotel xa había sol alto e xa eu comezaba a medrar no abenzoado ventre daquel monumento. O meu pai resultou ser un grande actor pero daquela tinha que interpretar aquelas cagarrizas por mera subsistencia.
- Eló deixouna prenhada -espetou Cándido.
- Ei, tío ! Un pouquinho de respeto; trátase da súa nai ! Iso non se pode dicir !-protestou Manuel tratando de temperar a saída do companheiro.
- En suecia si. Unha mulher xestante é o máis fermoso e respectable que existe. Velaquí que son medio espanhol, "casi ná !" Co tempo, a minha mamá casou cun velho rico e emprendeu unha cadea de hoteis. Eu son o xerente deste. Falo inglés, espanhol, alemán e francés, tamén un pouco de italiano e portugués e, como vedes, algo de galego.
- E barallete non falas ? -resmungou Manuel polo baixo.
- E o teu pai soubo da túa existencia ? -preguntou Cándido, con reservas.
- Mamá púxoo ó corrente desde o primeiro momento pero non aireou o asunto para non perxudicar a carreira del. El foi un verdadeiro cabaleiro, Ademais de darme o apelido, mandaba un cheque catro veces ó ano ata que faleceu -Fred bebeu un grolo e continuou:
- Son filho daquela avalancha de turismo en Espanha, do Spain is different de Fraga.
Nós os tres non temos memoria daquel tempo porque eramos moi pequenos ou non tinhamos nacido pero tenho un amigo galego, pai de dous mozos que están no grupo de gaita, que me ten contado mil detalhes daquel tempo; de diatadura baixo palio, de toreadores, flamenqueiros e cupletistas; dos chivatos e perdonavidas " nosabeustedconquienestáhabland
- A min faláronme, con moito aquel, de torturas, mortes e todo tipo de represalias. Os turistas sabían ou sospeitaban estas cousas pero eles vinhan ó deles: a pasalo ben.
- Non entendo nada...
- Eu tampouco. A minha nai tenme falado de piropeadores de andamio e ligóns de boquilha que ían detrás das europeas babexando e dicíndilhes sandeces. A iso chamábanlhe "Temperamento epanhó". Todo parecía sacado do século XIX, era un pouco anacrónico...
- Ana que ??
- Divertido, pintoresco e, iso si, different. Totalmente different. Como unha prolongación descarada de África. Tamén podo estar errado. Falo de oídas e dun pasado xa lonxíncuo.
- Tamén o meu pai me ten contado, -dixo Manolo- mesmo cantaba unha sueca, verdade Cándido ? Aquela que cantaba cando tinha media area...como era?...Monia!
(cantan a berros de puta pena) "Mooniaaa Mooniaaaa Moooooniaaa Moniaaá".
Pararon de berrar porque só conhecían esa palabra. Fred estaba avergonzado; os outros clientes, abraiados e os cantores, orgulhosos da súa arte.
- Freddy, canta con nós. Ti tela que saber que é de Peter Holm, que tamén era sueco coma os de ABBA: " vaterlú, niana na nana naniano...vaterlú nana na nairo naniano. Ho ho ho Vaterlú ai lalalelo lelalo"....Ou aquela tan bonita: " Chiquitita díme por queeee ai lelelo ai lalalooo, é eeé eé..."
- ...eh...eh! Senhores, formalidade -interviu Freddy intentando calmar os ánimos- Imos vela cidade...o museu Nóbel...
- O museo Nóbel ?? Coidas que nos van dar a nós o Nóbel de soldadura ?
- E as chinhas que ? Non quedaches de levarnos onda as chinhas ?
- Si, pero agora aínda é cedo. Máis cara á noite.
- Aí falaches ! Ghicho; tres pomas ! -concluiu Canducho- Si ó final es un bo chaval. Mira o que che digo Freddy: se algún día vas ós Praceres...
- Que é Praceres ? -inquiriu Fred extranhado.
- Home, parece mentira ! Unha terra entre Pontevedra e Marín. Ben, pois cando vaias conta con dúas casas a pensión completa, gastos pagos. Praceres non será Estocolmo pero vaiche gustar, sobretodo o vinho e as nécoras. Mira unha cousa: como é o teu nome completo para mandarche unha postal polo Nadal ?
- Estee...xa volo dixen...Fred...Freddy...
- Compleeeto, co apelido tamén que senón non chega a carta, Freddy ou raio -teimou Manuel.
- Alfred, chámome Alfred.
- E que máaais ?? -insistiu Canducho.
- Venha, vale; ALFRED LANDA.