Tribuna Viva
A seguridade do tránsito rodado no Concello de Poio na Estrada Autonómica PO-308
A seguridade do tránsito rodado no Concello de Poio na Estrada Autonómica PO-308, foi solucionado parcialmente no treito Covelo-A Granxa, con varias eivas, pero aínda está sen resolver no resto. Un vial urbano, carente dos mínimos servizos de seguridade para os peóns como aceras aptas para persoas con discapacidade, cadeiras de rodas, carros de bebé, arcéns sen protección con vehículos ocupando os mesmos, rede semafórica dimensionada e sinalización nada visible e mal iluminados, reposición puntual da pintura, e por outra a dotación de aparcadoiros en varios puntos de referencia.
Coa construción de edificios na beira da PO-308, as dificultades agora son tremendas para conciliar a seguridade dos peóns co paso dos vehículos e os estacionamentos. A preferencia sen dúbida ten que ser para os peóns, polo tanto si se pretende habilitar zonas de aparcadoiros, estas terán que ser en terrenos fora ou próximos a estrada e nunca en detrimento da superficie peonil.
Cando o período de alegacións o proxecto de reforma da PO-308, a Asociación Veciñal, CR de Combarro presentara 33, incluíndo parcelas próximas para negociar cos seus propietarios. Foron alegacións que os socios e socias escollimos, porque ésta asociación representa só a eles e elas, a ninguén mais, e decimos isto porque algunhas persoas utilizando as redes sociais, sen participar nunca nos debates sobre a estrada nin noutros, e as solucións posibles, tratan de manipular a realidade. Ou participas ou te calas, ese debe ser o lema.
Os aparcadoiros de Poio, e en Combarro, non son suficientes en varias épocas, iso é coñecido dende hái moitos anos. Máis prazas pasa, por mercar terreos nas proximidades ou formulas para eliminar vehículos. Namentres, entrar pola Baixada a Chousa, continuar polo Paseo das Redeiras, Peiráo da Canteira, na procura dunha praza, e de non atoparse, voltar a estrada e intentar de novo o circuito. O colapso na PO-308 está servido.
Asdo.: Valentín Silva Pérez.
Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa "Combarro"