Tribuna Viva
Instalación de antenas de telefonía en Samieira
Un grupo de comuneiros da comunidade de montes "Bacariza" de Arén impugna a reunión celebrada no local da comunidade de montes o 22 de outubro de 2022. Esta impugnación foi motivada por incumprimento da lei 13/1989 do 10 de outubro, de montes veciñais e mancomún, que no seu artigo 14 indica que as reunión deben ser comunicadas con 10 días de antelación sendo obrigado a inclusión da orde do día. A comunicación enviouse con só 5 días de antelación, xa que estaban seladas o 17 de outubro e nela non se facía ningún tipo de referencia ós temas a tratar na reunión.
En dita reunión votábase a instalación de antenas de telefonía nos terreos da comunidade alquilando o terreo por 15 anos. Estas antenas quedarían instaladas a corta distancia das casas de Arén. Na reunión solicitouse información sobre a empresa adxudicataria e as condicións da instalación, negándose a directiva a entregar ningún tipo de información, e facendo presión, xa que indicaron que xa tiñan un precontrato que tiñan que entregar firmado o luns.
Dende a directiva informaron só que a instalación deixaría 3.000 euros ó ano, non informando dos posibles prexuízos que poden ocasionar estas antenas.
Tras a votación comprobouse que moitos dos votantes non tiñan idea do que estaban votando. Varios destes comuneiros e outros que non puideron acudir a reunión presentaron ante o presidente un escrito no que se lle comunicaba que se solicitaba a impugnación da reunión e a anulación de todos os acordos acadados por defecto grave de forma, dado que convocouse a todo correr sen que transcorrera o tempo esixido pola lei e non se informou do motivo da reunión ata o intre inmediatamente anterior á votación.
O martes 26 de outubro, nun contacto co presidente da comunidade, informou que se nega a anular a reunión e os acordos acadados, a pesar de que comunicou en setembro como agora que abandonarían o cargo en decembro.
Mercedes Carramal