Tribuna Viva
Carta de Homenaxe pola xubilación de Lino Estravíz Gómez
Benquerido compañeiro Lino Estravíz Gómez, traballador incansable do SERGAS, a nosa gran casa común que tanto che agradece e valora, polo teu bo facer para esta terra e as súas xentes…
Comezaches cimentando, hai máis de 40 anos, o que hoxe é a Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, traballando en equipo día e noite para atender e solucionar os retos constantes que presentaban infinidade de obras e labores de mantemento en decenas de centros de saúde espallados por toda a comarca.
Xunto con incontables profesionais, lograchedes que todo continuara funcionando e tamén que mellorase en confort para profesionais e pacientes, pois as enfermidades son sempre a prioridade. E aínda que agora esta Institución pasa por dificultades, traballaremos honrando e ampliando o teu exemplo profesional para que o SERGAS sexa un maior e mellor referente en atención de calidade e en asistencia sanitaria.
Goza, querido Lino Estravíz, desta merecida nova etapa, gañada co teu encomiable esforzo, agarimo e gran traballo.
Moi Feliz xubilación, grazas por tantísimo e ata sempre.
Os teus amigos e compañeiros do SERGAS en Pontevedra e O Salnés