Xerardo Torrado Agulla
Breves anotacións arredor dos viquingos en Galicia
Hoxe tócame escribir arredor dos viquingos en Galicia. A primeira chegada dos viquingos á Península Ibérica aparece nos Annales Bertiniani (s.IX), e en canto á presenza dos memos en Galicia temos a primeira mención na Crónica Rotense (s.IX), onde se fala de que en tempos do rei Ramiro (790-850), este dirixe as tropas contra os viquingos en Farum Brigantinum (A Coruña), queimando a unha serie de naves e poñendo en fuxida ó resto. Na primeira visita viquinga a Galicia destruirían ó monasterio de Calogo en Vilanova de Arousa. E chegan ate Chantada, incluso dise que o topónimo provén desa época: a vila é "chantada" trala destrucción, facendo alusión ás estacas "chantadas" para defenderse dos viquingos. En todo caso, os viquingos en Chantada toman á torre de Merlán. Os nobres locais se encerran no Castro Candade, onde resisten agardando reforzos de Ramiro I. Así prodúcese unha batalla no chamado Camporramiro.
A segunda visita dos viquingos a Galicia prodúcese durante o goberno do fillo e sucesor de Ramiro I, Ordoño I (850-866), no 858. Tras saquea-las costas francesas e incluso chegar a París os viquingos chegan ás costas galegas. O parecer, os xefes viquingos que chegan a Galicia son Hasting e Bjǿrn "Costado de ferro". Ordoño I estaba ocupado en escaramuzas contra os musulmáns, así que o que fai é encomenda-lo traballo de defensa ó conde Pedro, quen logra poñelos en fuga e queimar algunhas das naves. Semellla ser que elixiran como zona de desembarco á Ría de Arousa, con obxeto de chegar á famosa Santiago. Dende Compostela accédese a pagar un tributo para evitar o saqueo. Pero tras ser satisfeito os viquingos pretenden entrar na cidade, intre no cal chega o conde Pedro desbaratando os plans dos invasores.
Para a terceira incursión dos viquingos hai que agardar cen anos, quizá debido a que prefiran ás costas francesas e inglesas. No 951 chegan a Galicia os viquingos de novo, e o bispo de Lugo Hermenexildo, no 953, chama a que o seus servos, xentes de Igrexa e comitatus ó seu servizo levanten casas en Lugo nas cales acollerse ante o perigo. En Compostela pasa algo semellante e Sisnando lle pide a Sancho o Craso (956-966) no 960 permiso para erguer muros, torres e fosos con agua que defendan á cidade como afirma o Chronicon Iriense. Sisnando é denunciado polos seus servos por obrigarlles a excesivos traballos, e tras ser amonestado o bispo revélase contra o rei sendo deposto e encerrado por Sancho o Craso. É sucedido por San Rosendo de Celanova. Morto Sancho I o Craso, a finais do 966, Sisnando escapa e recupera á diócese a fío de espada. O violentado Rosendo lle profetiza que morrerá de xeito violento, como acontece efectivamente. Desta mesma época é a lenda doutro santo, San Gonzalo, que dende as costa logra afundir a unha nave invasora con cada Avemaría.
Trala morte de Sancho I o Craso hai problemas políticos, o rey Ramiro III só ten sete años e da súa rexencia ocúpase a súa tía Dona Elvira, irmá de Sancho. Xurden revoltas e en Galicia coroan coma rei a Vermudo. Nese intre crítico, no 968, as crónicas rexistran de novo viquingos en Galicia: chegan cen naves baixo o mando dun Gundaredus, Gundiredus ou Gundericus, nomes latinizados que ocultan o nórdico de Gunrød. Tal como predixera Rosendo, morre Sisnando loitando contra eles.
Durante os anos 968-970 os viquingos percorren o interior de Galicia. As sedes episcopais quedaron en gran maneira afectadas, lembremos á morte de Sisnando, e algúns bispos non puideron seguir nas súas sedes, por exemplo, a de Tui se incorpora á de Iria-Santiago e a de Braga e Ourense á Lugo. Pero o bispo lucense tiá problemas para xestionar tres dióceses e en tiempos de Sancho II (1065-1072) é restaurada a de Ourense. En cuando á sede de Tui, quedo longo tempo sen prelado.
Durante o século XI o mundo viquingo está dominado pola figura de Olaf Haraldson, rei de Noruega, convertido ó cristianismo. Olaf partindo dende Inglaterra enfrotaríase ós daneses e os vencería. Segundo as sagas, un dos encontros se terían dado en Vilhelmsby (ría de Betanzos?), e tras dirixirse a Seljepolle (desembocadura do Miño?) toma á de cidade de Gunvaldsborg (topónimo relacionado con andrónimo Gundisalvus?). Olaf tería previsto atravesar o estreito de Xibraltar e chegar ate Xerusalén, pero é disuadido por un soño. Galicia é afectada polos viquingos nese mesmo século XI, no ano 1028, no medio dunha situación caótica cun novo rei neno, Vermudo III (1028-1037), controlado pola súa madrastra Urraca. É o intre da presenza en Galicia de Ulf, que recibiría o nome de "o Galego" como se aprecia na "Knytlinge Saga" (Saga dos Canútidas), pero unha vez máis as crónicas nórdicas son parcas en datos para Galicia. Sabemos non obstante, que o bispo iriense Cresconio (1048-1066) tivo que enfrentarse ós viquingos e tras vencelos fortifica os muros e torres para defender a Compostela. O século XI pecha o chamado período viquingo.