Tribuna Viva
O noso Concello
En primeiro lugar queremos agradecer as verbas da candidatura de Pontevedra Alternativa amosando a súa preocupación pola situación actual do Corpo da Policía Local, consideramos que é acertado dar a coñecer a realidade deste colectivo de funcionarios cuxa principal labor é a de prestar un servizo público.
Asimesmo instamos a todas as formacións políticas que concurren ás próximas eleccións municipais a coñecer “in situ” esta realidade.
Levamos xa longo tempo observando como se desmantela un servizo público esencial como é o que presta a Policía Local que ten como único obxectivo acadar uns niveis aceptables no que respecta á sensación de seguridade que perciben os cidadáns cando residen ou acuden á nosa vila.
Este desmantelamento ven orixinado no desprezo total e absoluto que os derradeiros gobernos municipais veñen dirixindo contra este e outros servizos municipais (non podemos esquecer aos compañeiros do Servizo de Extinción de Incendios, aos de Ceminterios, aos do Centro de
Drogodependencias, etc.).
Hai que retroceder ata o ano 1999 para atopar a última elaboración dunha Relación de Postos de Traballo que con incontables modificacións segue en vigor a pesares do desembolso de importantes cantidades de diñeiro público para contratar empresas privadas que levasen a cabo o estudo e valoración dos postos e que finalmente (ainda tras a súa aprobación na Mesa Xeral de Negociación) quedaron esquecidas nalgún caixón.
Eso sí, para os servizos de Policía Local, Servizo de Extinción de Incendios e Ceminterios e, coa excusa do cumprimento de sentenzas, publicouse unha modificación da Relación de Postos de Traballo que tras case un ano despois da súa entrada en vigor ten como consecuencias máis directas a vulneración do dereito ao descanso laboral, a imposibilidade da conciliación da vida familiar e laboral, unha importante pérdida económica nas retribucións complementarias e, ante esta situación estase a producir unha auténtica desbandada de funcionarios da Policía Local de Pontevedra cara outros destinos nos que se recoñecen e respecten os seu dereitos (na actualidade, dun plantel de cerca de 120 funcionarios quedan 80).
Así as cousas e na mesma liña de desprezo podemos lembrar que varios servizos municipais (como a Policía Local) contan con instalacións que o mesmo Servizo de Inspección de Traballo sinala que non son axeitadas.
O parque móbil da Policía Local é cada vez máis deficiente chegando a coincidir ata un 80% dos vehículos de baixa.
Os medios e recursos cada vez son máis precarios debido á falta de abono de facturas e así neste intre soamente se conta cun etilómetro cedido pola Guardia Civil de Tráfico xa que os propios non chegarán da súa última revisión mentres non se abone a débeda.
Soamente podemos dicir que como policías da cidade nos gustaría prestar un servizo público axeitado á cidadanía pero coa falta de efectivos, medios e recursos esa labor tórnase cada día máis complicada así que, como diría o noso Alcalde... “pero mira que hai que ter paciencia...”
Manuel Ángel Sánchez Pallares
Sección Sindical SPPME Galicia no Concello de Pontevedra