Pedro J. Peón Estévez
"Non des a esquecemento"
Non me esquecín. Hai 64 anos e un mes que no areal de Lourizán se perpetrou un dos máis sonados abusos cometidos pola dictadura militar. Unha máis das moitas barbaridades colonialistas imposta impunemente a punta de baioneta polo máis duro franquismo ó longo e largo da península.
Non esquecín, como se aínda o estivera vendo, que aquel 10-02-1959 roubáronnos a enseada de Lourizán, o areal marisqueiro -verdadeiro motor de Pontevedra, PAN dos nosos filhos-, a saúde, a tradicción, a historia...So nos quedou a Memoria e a Dignidade, esas ninguén nolas roubará por máis que o levan intentado ( ferrocarril, celulosa, elnosa, depuradora, escalextrics -o de Praceres mailo das Cocheiras ), tren ao porto cos pasos a nivel sen retirar a pesar de haber sentencia firme demostrando, unha vez máis, que o único firme neste país é o capital, o cartolo.
E porque non esquezo, non quixera ter que oir máis aquilo que tan inxenuamente di algunha "gente de bién": "¿y cómo protestan ahora y no lo hicieron antes?" Quen tal pregunta, ou moi interesado ou moi ignorante é.
> Protestáronlhe ó falanxista José Malvar para que fixera a autovía elevada e que o mar seguira entrando na enseada pero o empresario franquista xa sabía que o suposto vial non era máis que un muro de contención para o recheo areoso que había de sustentar a tétrica celulosa.
> Protestouse aquel triste 10-02-1959 e, mariscador@s indefens@s foron duramente reprimid@s pola policía franquista, marinheiros de reemprazo con fusís Máuser armados de baionetas, cerco de intocables bandeirolas de Espanha e, por se non bastara, o buque canoneiro da Armada Hernán Cortés por se fora necesario rebentar á xente da praia.
> Foron detidas moitas mulheres que -unha vez liberadas do cárcere- tínhanse que presentar no cuartel da garda civil tódalas semanas como se de delincuentes se tratara. Os expedientes policiais AINDA non foron eliminados a día de hoxe.. toma democracia plena !
Fáganme un favor: no volvan repetir aquilo de " protestan ahora y no lo hicieron antes "

Cincuenta anos levamos algúns protestando sen que nindiós nos faga caso; tanto ten: seguiremos a facelo. Agora ben; que quede claro o seguinte:
" Non estamos en contra de ningunha celulosa; é a celulosa a que estivo SEMPRE en contra nosa. Nós só intentamos defendernos dela " NÓS xa estabamos aquí. Os okupas son eles; os que se papan o pan dos nosos filhos impunemente.
Vaia unha sentida lembranza para XOSÉ PAZOS, primeiro marinheiro activista contra quen veu roubar o seu pan.