Nais de PETRA Maternidades feministas
Maternar é un acto político!
Este 8 de marzo as nais feministas volvemos saír ás rúas para visibilizar as nosas maternidades e esixir unha crianza digna.
Unha maternidade libre e elixida, que hoxe é posible grazas á loita feminista pola anticoncepción e o dereito ao aborto libre, gratuíto e seguro.
Porén, este ano asistimos a un retroceso na nosa liberdade de decisión, tomándose medidas antiabortistas en distintos territorios, medidas que nos tutelan ou nos deixan desprotexidas.
Nós queremos recordar que: a maternidade será libre ou non será!
Unha vez que decidimos libremente ser nais, atopámonos cunha falta absoluta de dereitos e recursos. É por isto que as mulleres retrasan cada vez máis ou ven frustrado o seu desexo de ser nais.
Dende PETRA Maternidades Feministas esiximos que sexa proclama feminista o dereito de cada muller de maternar como desexe, sen penalizacións laborais, económicas, insititucionais ou sociais.
É importante que a maternidade se atope dentro das propostas dun feminismo que sexa interseccional, xa que é unha experiencia que atravesa a moitas mulleres, e que presenta unhas necesidades e demandas propias, e ao mesmo tempo unhas opresións e violencias específicas.
Debemos loitar para reapropiarnos das nosas maternidades e liberalas, xa que non nos precariza a maternidade, senón maternar nun sistema capitalista e patriarcal. E recordamos: se non podo maternar, non é a miña revolución!
Este ano aprobáronse dúas leis que afectan directamente as nais, a Lei de saúde sexual e reprodutiva e a Lei das familias.
Na primeira, a pesar de que se tivo en conta unha das nosas propostas, resulta moi insuficiente: un permiso preparto só dende a semana 39 de xestación. A lei de saúde sexual e reprodutiva esquece todos os procesos reprodutivos, como son o embarazo, o parto, o posparto, a lactación materna e puerperio e, polo tanto, non outorga medidas para ningún deles.
Por outro lado, na Lei de Familias quedaron fóra absolutamente todas as nosas propostas, incluído o aumento do permiso por nacemento, que prometeran en diversas ocasións.
As nais levamos dende 1989 co permiso de maternidade conxelado e esixindo o seu aumento, pero ate o de agora unicamente tense aumentado o permiso paterno sen que existira unha demanda social previa.
Parécenos totalmente irresponsable que se empregue o orzamento do permiso de maternidade para xerar un cambio na mentalidade dos homes e unha mirada feminista nas empresas, no canto de para a súa verdadeira finalidade: protexer unha das etapas máis vulnerables da vida e dos nosos procesos sexuais. Ademais, tal como era visto, os permisos iguais e intransferibles non acadaron ningún dos seus obxectivos, pero sí experimentan coa infancia e deixan as nais totalmente desprotexidas. Pensáronse como un castigo cara os pais a pesar de que son un dereito e polo tanto, benefician. Mentres, nós seguimos coidando gratis con excedencias e reducións de xornada pola ausencia de permisos amplos.
Respecto ás empresas, deberíase transformar o mercado laboral e que éste sexa o que se adapta á vida, penalizando a quen nos discrimina e non ás nosas maternidades.
Voltamos a recordar que: non somos responsables da nosa propia discriminación!
Ademáis de non acadar os seus obxectivos, incrementaron a precariedade das nais: máis do 30% nin sequera teñen dereito a un permiso por nacemento. Que pasa coas nais con empregos precarios, desempregadas, coas nais migrantes ou racializadas? E as familias monomarentais que actualmente están discriminadas coa metade do tempo de permiso? Que pasa coas nais de partos múltiples, ás que se lles quitou unha semana? E coas pequenas autónomas, que as veces nin sequera poden usar o permiso de maternidade debido ás condicións do seu traballo? E as mulleres que traballan por turnos onde a conciliación non existe? Ser nai no noso país significa empobrecerse, aumentando a xa altísima taxa de pobreza infantil. Por eso é urxente que todos os recursos para a crianza sexan universais.
E por se non fose pouco, nalgunhas comunidades autónomas establécense medidas de discriminación positiva cara os homes (por exemplo con axudas ás reducións de xornada ou excedencias). Acaso son un colectivo en risco? É esta a “igualdade” á que aspiramos? Cando a igualdade parte de procesos desiguais ou diferentes transfórmase en desigualdade. Ademais, as nais pasamos por unha serie de procesos exclusivos que se tenden a invisibilizar en nome da igualdade. Nós reivindicamos esa diferenza para visibilizar e poder loitar polos nosos dereitos: precisamos un permiso preparto e puerperal que protexa unha etapa tan importante na vida dunha nai e da infancia como é a crianza temperá.
Unha lexislación feminista debe pensar nas nais, ampliando o seu permiso, como propomos, mínimo a un ano. Debe pensar na diversidade, permitiendo, grazas á transferibilidade, que se adapte a todos os modelos de familia.
Ademais, as nais non deberiamos empobrecernos por realizar o traballo máis importante da vida. Por eso é urxente, entre outras medidas: unha prestación universal por menor a cargo, que constrúa un sistema de proteción á infancia e a crianza digno e non asistencialista, a remuneración de reducións de xornada e excedencias e que se aumenten os días de permiso retribuído por enfermedades dos nosos fillos e fillas.
Non podemos seguir transitando a maternidade en soedade, illamento e con falla de apoio e recursos e , por este motivo, demandamos medidas para o coidado das nais na etapa máis vulnerable: o puerperio. A crianza é un asunto que require corresponsabilidade social.
Ademais, recordamos a situación tan vulnerable das familias monomarentais e como apenas se tiveron en conta na Lei de Familias.
Como feministas, estamos escandalizadas polo terrible aumento que estamos a sufrir de feminicidios este ano. Denunciamos ademais a violencia machista exercida contra as nais a través de custodias compartidas impostas, o falso SAP, a violencia vicaria, os ventres de aluguer e a violencia obstétrica.
Pensamos finalmente que non é posible un feminismo sen as nais. Nós seguiremos a criar no feminismo, porque sabemos que só dende este lugar pódese pór o centro da vida e construír futuras sociedades matrísticas.
Non queremos seguir a maternar nas marxes, nin poden seguir ignorando os nosos procesos sexuais e reprodutivos. E non poden obrigarnos a abandonar ás nosas crianzas para que o mercado laboral capitalista e patriarcal non se resinta.
A maternidade será feminista ou non será!
Agora máis ca nunca: MATERNAR É UN ACTO POLÍTICO!!
PETRA Maternidades Feministas