Xerardo Torrado Agulla
A ópera e a música clásica en Pontevedra, a asignatura pendente
O pasado domingo, 5 de marzo, ía representarse en Pontevedra a ópera Il barbiere di Siviglia de Gioachino Rossini, eu xa tiña a miña entrada collida, pero días antes da ópera xa fun avisado de que a representación fora suspendida. Unha magoa, xa que en Pontevedra non había ópera dende pouco antes do confinamento, o 27 de febreiro do 2020, cando se representara La Bohème de Giacomo Puccini. Sen dúbida as representacións operísticas é o pé do que máis coxea a programación cultural da capital do Lérez, sendo a programación de música clásica en xeral moi pobre na cidade. Cando pregunto as razóns, se me alega que a motivación principal é a económica: a música clásica non é rendable en Pontevedra. Algo que non se entende, xa que cada vez que hai un concerto, e máxime de ópera, en Pontevedra, se te retrasas quedas sen entrada. En cidades como Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña teñen, durante a tempada, de outubro a maio, un concerto sinfónico á semana, cando en Pontevedra en todo o ano, con sorte, hai dous. Sabemos que a poboación de Pontevedra é inferior á desas tres cidades galegas, pero aínda así na porcentaxe entre eventos de música clásica e número de habitantes non saen as contas. Que Pontevedra é unha cidade á cal non lle gusta a música clásica é algo que non se mantén. Por outra banda, aínda que orquestras tales como a "Real Philharmonía de Galicia" e a "Sinfónica de Galicia" teñen sede a primera en Santiago de Compostela e a segunda en A Coruña, creo que deberían telo compromiso de tocar un pouco nas demais cidades, pois son "de Galicia", en non de "Santiago" ou de "A Coruña" respectivamente.
Cando disfrutei dunha estancia de estudios na cidade alemá de Göttingen, na Baixa Saxonia, a pesares de que non era tempada, te asaltaban pola rúa os carteis de prestixiosas orquestras e solistas de primeira que ían tocar na cidade nas vindeiras datas. Agora mesmo, veme é memoria á gran violinista chinesa Tianwa Yang. Se comparamos Göttingen con Vigo, Santiago ou A Coruña, cunha programación en música clásica moi superior á de Pontevedra, as tres quedan no ridículo, e falemos de cifras demográficas: Vigo ten uns 292.374 habitantes, Santiago ten
En Pontevedra fundouse unha orquestra de música clásica, pero só toca unha vez o ano, e cando o fan teñen que meter a música de gaita por medio, con moita honra para ese instrumento, como dixo Ricardo Portela, o "instrumento máis noso e inmorrente". Instrumento que levo máis de trinta anos tocando, ata que unha lesión no oído que para a SERGAS non existe, me afastou do mundo da música tradicional fai cousa dun ano. Fai anos que deixei de ir ós concertos de Aninovo desta orquestra en Pontevedra, xa que cando vou a escoitar muiñeiras, quero escoitar muiñeiras, pero cando penso que vou a escoitar a Johann Strauss, non me gusta que me metan muiñeiras a calzador. Aínda así, esta orquestra pontevedresa fai anos que cumplíu a súa maioría de idade. Lembro un concerto da mesma no mes de marzo de 2015 onde se interpretara o concerto para violín e orquestra nº 3 en sol maior K. 216 de Mozart, contando coma solista ca franco-nipona Aki Sailière, e á primeira sinfonía de Brahms en do menor op.68. Fora un concerto magnífico, un auténtico alimento para o meu Geist.
Fai anos, durante a tempada había un concerto de música clásica á semana no "Teatro Principal" organizado polo roteiro "Cicloturística do Románico", pero agora xa non hai nada. A maiores da "Sociedad Filarmónica", cuxa cuota de socio non é nada onerosa para a calidade dos concertos que trae á cidade, e da cal, por suposto, son socio, en Pontevedra non hai un espazo para os amantes da música clásica que somos sometidos ó desprezo cada ano que pasa pola programación cultural da cidade. Xa sei que en Pontevedra e, tamén hai que decilo, en nengunha cidade galega, vou ver algún día a algún Tannhäuser de Wagner en condicións polas esixencias do espectáculo en sí. Recordemos que cando Richard Wagner pretende representar Tristan und Isolde en Munich, xera un gran problema cos potentados locais, xa que obrigaría a retira-las primeiras butacas para deixar sitio para á gran orquestra. O director de orquestra Hans von Büllow expresa, para incomodo de todos, que lle era indiferente que "uns porcos" se quedaran sen butaca se era para por en escena unha obra do seu mestre Richard Wagner. Pero en Pontevedra sempre que se representaron a óperas de Verdi, Puccini ou Mozart, por poñer a tres exemplos, o público sempre respostou ben… cál é pois a falta de representacións operísticas, e concertos de música clásica en xeral en Pontevedra? Non quero ver malicia no asunto, pero… non será que cren, de xeito trabucado, que a música clásica é de xente conservadora ideolóxicamente?, e no caso de ser certo, que non o é, é lóxico deixar a esta xente por razóns ideolóxicas ó marxe da programación cultural dunha capital de provincias? Que a música clásica non é cousa de xente conservadora o sabe calqueira que lera algunha vez unha biografía de Beethoven, cos seus anceios revolucionarios, e xa non digamos Richard Wagner, en búsqueda e captura polas súas actividades anarquistas xunta o mismísimo Mijaíl Bakunin, que fai que en 1849 o rei de Saxonia teña que escapar de Dresde, ou a anécdota do papagaio de Wagner, que soía dicir: ""¡Richard! ¡Liberdade!". Pontevedra é capital de provincia, guste ou non, e merece unha programación cultural acorde con este feito, máis aló de ideoloxías ou de cálculos económicos errados que por algunha razón cren que en Pontevedra a música clásica non é rendable.
O dito, unha lástima que suspendera a representación de Il barbiere di Siviglia, xa que con toda seguridade terá que pasar, polo menos, un ano para outra oportunidade destas características. Igual non estaría de máis unha asociación de "amigos da ópera" en Pontevedra para achegar ás beiras do Lérez a este tipo de espectáculos que, como opinaba o gran, enorme Richard Wagner, son a "obra de arte total". Pero témome que non tería o apoio necesario das administracións e quedaría nun clube de amigos para tomalo café e falar de ópera.