Tribuna Viva
Comunicado das Confrarías de percebe da provincia de Pontevedra
As sete confrarías con sector do percebe da provincia de Pontevedra, ante o aluvión de novas que están saíndo nos distintos medios de comunicación queren facer unha reflexión en voz alta: "Xa está ben e basta xa!! de tanto vitimismo, e non vaia ser que as vítimas pasen a ser os verdugos".
Por tanto, dende nosas entidades "facémonos unha serie de preguntas que aconsella mos que as valoren os científicos, a opinión pública e a administración que nos goberna":
O "arrase" que está sufrindo sistemáticamente todo o litoraI das provincias de A Coruña e Pontevedra, agás nun escaso 15% de zonas ZEP, en donde as pedras quedan como o "pavimento dunha estrada", non será que quizáis poida chegar a ser considerado como un presunto delito ecolóxico, dado que parte deste litoral está protexido dentro da cualificación da rede natura 2000? — Non é o mesmo unha extracción selectiva dun recurso que unha extracción destrutiva dos hábitats de outras moitas especies —
Preguntáronse algunha vez na administración pesqueira galega cal é o grao de cumprimento dos bateeiros no relativo á xestión dos refugallos ou detritos procedentes das actividades de laboreo de mexillón nas bateas, cando a súa obriga é transportalos e depositalos en lugares habilitados en terra?
Valoráronse os prexuízos destes resíduos contaminantes nos fondos mariños e nas proximidades dos bancos marisqueiros despois de 60 anos tirando de forma indiscriminada miles e miles de toneladas ao mar?
Acaso estes aportes de cuncha e outros resíduos do cultivo do mexilión non estarán transformando a composición do substrato e rompendo o equilibrio natural das nosas rías, coa conseguinte presenza masiva de depredadores como a estrela azul, - un dos principais depredadores dos moluscos bivalvos -, o cangrexo, o caracolillo, etc.?
Alardéase polo sector bateeiro o forte incremento de produción de mexillón nos últimos anos, chegando ás 250.000 toneladas e superando ventas do produto en máis de 150 millóns de euros. Á costa de quen e de qué?
Si se pasan esas 250 mil toneladas a quilos, teremos 250 millóns de quilos. Se estes quilos se pasan a unidades de individuos, sendo xenerosos, a 30 mexillóns por quilo, daranos uns 7.500 millóns de individuos por ano.
Se se ten en conta que si cada un destes individuos filtra entre uns 180-192 litros de auga ao día, auga que quedaría inocua de nutrientes, non será que a baixada de produción de bivalvos e a disminución doutras especies o interior das rías poida ser consecuencia, entre outros factores, do cultivo intensivo de mexillón nas máis das 3.300 bateas existentes en Galicia? — unhas 2.700 na Ría de Arousa —
Isto ven a demostrar que se está a prexudicar gravemente a sustentabilidade e o futuro produtivo das nosas rías e favorecéndose a ruina duns e o enriquecimento doutros.
Preguntámonos a este respecto, onde están as Ong's medioambientalistas, onde están tamén os científicos valientes e por suposto onde están os políticos responsables e comprometidos en garantir a sostenibilidade dos recursos e os ecosistemas mariños por en riba de réditos electoráis?
Proximamente darase cumprida información e dunha forma máis detallada dos aspectos mencionados neste comunicado.
Asdo.: As Confrarías de Pescadores con sector de Percebe da provincia de Pontevedra.-