Xerardo Torrado Agulla
Cando o inacabado é o máis fermoso: reflexións sobre fitos culturais "inacabados"
Acabo de ler Os feitos do rei Arturo e o seus nobres cabaleiros, unha obra do Premio Nóbel John Steinbeck (o do ano 1962). De seguro que á xente o coñece máis por obras como O leste do Edén ou As uvas da ira, pero hoxe vou tratar sobre certa peculiaridade desta obra, en teoría menor, de Steinbeck. Unha peculiaridade que comparte con outras grandes obras do pensamento, da literatura e da arte: a peculiaridade de non estar rematada. John Steinbeck segue no seu relato a compilación do ciclo artúrico de Sir Thomas Malory, xa no século XV cando xa eran ben coñecidas as variantes do ciclo contidas na chamada Vulgata. O 19 de novembro de 1956, John Steinbeck escribe a súa editora Elizabeth Otis,dende New York, que o seu proxecto artúrico vai "moi rápido". Pero o 9 de abril de 1957, escribindo dende Florencia a Chase Horton, confesa que o elaboración da obra pode durar uns dez anos. O libro de Steinbeck remata cun beso apaixonado entre Sir Lancelot e Xenebra, non aparece a procura do Santo Grial, nen o éxito da misión do fillo de Lanzarote, Sir Galahad atopando á reliquia sagrada, nen aparece a morte do rei Arturo, nen se fai constar… Os que coñecemos un pouco a ciclo artúrico, a pesares de que disfrutamos ca obra de John Steinbeck, quedamos cun mal sabor de boca. … ¡queremos máis!. Pero non hai máis, e non é debido a que a morte sorprendera ó autor. Sentiuse incapaz e a cousa fóiselle das mans.
Hai outras grandes obras que son fitos na cultura occidental que foron igualmente aparcadas polos seus autores por considerarse incapaces de rematala. Así lle ocurre a obra Premio Nóbel (o de 1902) ca súa Historia de Roma, o gran historiador e romanista foi incapaz de continuar ca obra, xa que se considerou incapaz de explica-los procesos que tralo asasiñato de Xulio César nos idus de marzo do 44 a.C. conducen á acaparación de poder en mans do seu sobriño-neto e fillo adoptivo, Octaviano, ata que se converte en Augusto, o primeiro emperador de Roma. A obra de Theodor Mommsen, cuxa leitura é deses praceres dos cales no quero privarme, polo tanto, non contén o que a xente soe entender polo pasado de Roma: os seus emperadores. Aínda así, a obra de Mommsen é un clásico que non caduca e a pesares de que non pasa do 44 a.C. ocupa uns catro voluminoso tomos, os cales completei fai anos grazas a que mos foron agasallando ou mos agasallei a min mesmo.
Pero hai outra obra, na cal atopo igual pracer, e que tamén foi inacabada o sentirse o seu autor incapaz de rematala. Refírome á oitava sinfonía en si menor D.759 de Franz Schubert, conocida precisamente como Unvollendete (Inacabada). Xa que só ten dous movementos dos catro que soe ter unha sinfonía. Non se trata de que Schubert fora incapaz de seguir compoñendo, de feito compuxo unha sinfonía máis, foi que se sentiu incapaz de rematar aquela sinfonía en concreto. Fai uns pocos anos, un compositor, por medio de algoritmo "compretou" á oitava de Schubert. Se a escoitades vos daredes de conta que desmerece totalmente de formar parte dunha obra de gran Schubert. Son dos movementos de música previsible e dun nivel que non se pode comparar co xenio de Schubert. Hai cousas que é mellor deixalas como están.
Din que hai que por límites á intelixencia artificial, xa que está "descontrolada". Agora lle pides a unha intelixencia artificial que che escriba unha novela e cha escribe, ata é posible que gañe un prestixioso premio literario ben dotado economicamente se algún homo sapiens sapiens a presenta como escrita por el. Pero sería algo digno de León Tolstói o Thomas Mann? Eu sigo mostrándome escéptico e sigo preferindo os xenios da especie humana que a unha intelixencia artificial. Qué pasaría si lle encargan a un algoritmo rematar ós libros de Steinbeck e de Mommsen?. Creo que o resultado serían tan decepcionante como o acontecido ca oitava de Schubert. Os homo sapiens sapiens temos a nosa(s) propia(s) cultura(s), por favor, non deleguemos nunha intelixencia artificial crear a nosa propia cultura.