Xerardo Torrado Agulla
Outros vinte anos por este camiño e non saberemos ler, ou de cando a igñoranza é o máis lucrativo dos negocios
Debía correr o ano 2001 ou 2002, eu regresaba en tren dende Compostela e unhas rapazas, guitarra en man, cantaban un tema dun disco do frautista e gaiteiro Carlos Núñez, "O pozo de Arán", cantada pola portuguesa Anabela, que conta a historia dun mítico pozo irlandés, o de Arán, cunha auga que pode facer que os cegos podan recupera-la vista, e a el acode unha nai co seu neno cego, ca esperanza de arrebatar o fillo das tebras que cubren a súa mirada. O outro día escoitei este tema e me caeron as bagoas con esta lembranza, non só polo feito de lembrar un tempo no cal era san e no cal eu mesmo podía tocala gaita e a frauta, senón pola sensación de ata que punto trocara o mundo e pouco máis de vinte anos. Hoxe en día, o espectáculo de ver a unhas rapazas cantando e tocando a guitarra amenizando unha viaxe en tren de Compostela a Pontevedra é algo inaudito. Hoxe, en troques de cantar e tocala guitarra, cada unha das rapazas vai ca vista pegada no cadanseu teléfono vendo videos de tik-tok e si se escoita algo non son as súas voces cantando un tema dun disco de Carlos Núñez, senón algunha sandez dos videos curtos que visualizan nos seus dispositivos. Non pasaron cen anos, pero o mundo nos últimos vinte anos camboiu na rapazallada, as últimas tecnoloxías da a sensación de que os converteron en zombies. O penoso é que foron as mesmas autoridades que tiñan que velar pola súa formación integral as que as ataron para sempre ás mesmas por medio da desaparición dos libros nas aulas e a súa sustitución por unha tablet, seguramente pensando máis no beneficio dalgún cuñado que suministra as dichas tablets que na integral formación do rapaz.
En Suecia, déronse de conta, ¡oh maravilla!, que os niveis de leitura entre os mozos e mozas de desplomou nos últimos anos, e lle votan a culpa á aparición das novas tecnoloxías nos centros de ensino, ca desaparición do libro. Suecia foi pioneira en dar ese paso de facer desapare-los libros das aulas, polo tanto é normal que sexa ela mesma a primeira en darse de conta dos estragos que fixo iso. Agora en Suecia se plantexa retornar ós métodos tradicionais de ensino, ca recuperación do libro físico, e por suposto en España xurdiu a alerta e consideran que isto representaría un paso atrás. Está seguro que para o cuñado do político de turno que se converteu en proveedor da administración das ditas tablas e portátiles, vai representar un paso atrás na súa ecomomía, pero, e nos niveis de leitura, vai representar un paso atras?. A depauperación do ensino das Humanidades, como teño señalado en máis dunha ocasión, en España é máis que chamativa, cunha constante manipulación da historia, infantilización dos contidos e aporte de sesgos ideolóxicos, gobernen roxos ou azuis, dache o mesmo.
O dano feito á rapazallada, na súa formación, foi catastrófico, e agardo que se reconsidere, como en Suecia, a retirada de tanta invasión de novas tecnoloxías que para nada axudan na formación integral dun rapaz, e a recuperación do libro, pero non no libro de "colorea e pinta" cos cales teñen entretidos ós rapaces ata case a entrada no bacharelato, senón recuperar aqueles libros de Historia e de Literatura que tiña eu, ricos en contidos e que converteu ós da miña xeracións nuns privilixiados en materia de formación humanística, en detrimento das novas xeracións formados nos últimos vintecinco anos.
O ensino foi arrancado das mans dos educadores e entregado ós psicopedagogos, empeñados en buscar traumas e patoloxías nos rapaces que non existen. Nos meus tempos, cando un alumno suspendía, era éste o que tiña dar explicacións, sobre todo ante os seus pais, por ese suspenso. A día de hoxe, é o profesor quén ten que dar explicacións, facelo ante psicopedagogos e inspectores de ensino, que moitas veces aportan ideoloxía, que non ideas, ó ensino, e o final o profesor, para aforrarse horas de papeleo, acaba aprobando ó alumno aínda que a falta de esforzo do mesmo non o aconsellara. Xa vimos os resultados da descabellada promoción directa do alumno. Os psicopedagogos consideraron que era traumático para os rapaces ver que os compañeiros pasaban de curso e eles non, separándose dos mesmos, cando en realidade o que realmente foi traumático para os rapaces foi que a súa educación se subordinara á ideoloxía e ó esnobismo das novas tecnoloxías.
Lembro as miñas clases de literatura española e galega, nas cales tiñamos que ler a autores como Castelao, Clarín, Fernando de Rojas, lelo Cantar do mio Cid, o Lazarillo de Tormes, a Vida é soño de Calderón ou A rexenta de Clarín. Lembro de como declamábamos poesía nas aulas e que saías dalí con gañas de seguir lendo, poesía ou prosa, é máis, con gañas de escribir ti mesmo. Os que vivimos aquelas aulas e aquelas profesoras e profesores de literatura, vemos como o sistema educativo foi rodeado, asediado polos psicopedagogos e os inspectores de educación, convertidos nalgúns casos en auténticos comisarios políticos, polas novas tecnoloxías e outras sandeces. As novas tecnoloxías son unha realidade que non podemos negar, pero facer descansar nelas a tódala educación foi unha estulticia de tamaño manifesto. Creáron demasiados intereses económicos en manter que o sistema siga así: os que suministran novas tecnoloxías, ou as escritores e escritoras que se aproveitan da escasa formación do alumnado para vender entre eles as súas mediocres obras que sustitúen na formación dos nenos ós clásicos, hoxe desprestixiados e acusados de soster clichés heteropatriarcais. Pero é que este sclásicos foron escritos noutros contextos sociais e políticos, e non podemos impoñer a nosa visión a eles para que coincidan cunha reinterpretación do pasado que resposta máis ó interese do ideólogo, que o interese do bo facer do auténtico historiador. Si comparamos un manual de Historia dos que hoxe circulan cos que tiven que estudiar eu, a infantilización de contidos é evidente.
Afortunadamente para os que pretenden implantar a súa ideoloxía a calzador, son historiador, non educador, non traumatizo a neno algún ensinándolle a verdadeira Historia, sen presentismos históricos, nen os traumatizo tampouco suspendéndoos cando se merecen. Isto, e outro tipo de mafias, é o que impida que me adique a opositar para profesor de Historia en centros públicos. Eu lles aseguro que os meus alumnos ían ter unha formación humanística superior, e que, o saír da miña aula, ían ir directos a unha biblioteca ou a libraría para mercar algunha das leituras que eu lles recomendaría, e eles faríano por propia vontade, non por suspender ou aprobar. Xa que xunta a Historia lles inculcaría amor pola Humanidades. Non falla dicir que levo anos tentando ser profesor en centros privados concertados e tan sequera me respostan. Teño a sensación de que son a única esperanza para que a mocidade volva a tela formación humanística que tiña antes. Pero son un dinosaurio, os que fixeron da ignorancia dos nosos rapaces o seu propio negocio, poden estar tranquilos. A mocidade está a salvo das miñas zarpas de dinosaurio.
Teño vocación docente, precisamente por iso vivo apartado da docencia, non quero participar na conformación dunha mocidade ignorante. Se algún día desaparecen da aulas as tablets, as apps, os temarios infantilizados, e retoman a carga-las mochilas os bos manuais de historia escritos por historiadores, non por ideólogos nen psicopedagogos, replantexareime a docencia en centros públicos.