Xerardo Torrado Agulla
O produto cultural como produto atemporal, a salvo de esnobismos, por favor
O leitor terá unha sensación de déjà vu, xa que teño escrito sobre este tema noutras ocasións. Quen me siga coñecerá de sobra as miñas aficións wagnerianas e que non son nada amigo do relativismo cultural, xa que non é todo cuestión de gustos. A diferencia das cores, onde ninguén pode defender positivamente que unha cor é "superior" a outras, pola contra, en materia cultural a cousa é ben distinta, e moitas veces nos queren vender por cultura produtos de consumo de ocio sen calidade algunha: novelas baratas no literario e ruido no musical.
Nos últimos días vense celebrado na cidade alemá de Bayreuth o célebre festival wagneriano. Desgraciadamente non estiven alí, algo difícil tendo en conta que teño unha lesión no oído á cal o SERGAS empéñase en que non existe e que é todo psicosomático. Esa lesión impídeme coller un avión o un tren, polo tanto a miña asistencia a Bayreuth sería complicada, ademais de que a viaxe, a estancia e a butaca no célebre auditorio non é para tódolos petos. A todo isto súmase o inconvinte de que hai unha longa lista de espera para asistir a esas óperas. Pero no caso de ter asistido, tería a sensación, sen dúbida, de ser estafado. Leo na crítica na revista musical Scherzo, que a célebre "cabalgatas das Walkirias" do terceiro acto de Die Walküre semellaba un pase de modelos de peiteados, acompañando a crítica cunha foto que deixa ver que o comentarista non mentía. Toda unha decepción, pero cada ano en Bayreuth pasa o mesmo, e tan sequera no templo de Wagner por excelencia teñen un mínimo respeto ó xenial musico de Leipzig.
Unha auténtica obra de arte, e unha ópera de Wagner, como el soía dicir, é unha "obra de arte total", é un produto imperecedoiro, atemporal e universal. Pero ese carácter atemporal non significa que a obra en cuestión non nacera nun intre concreto, cunhas realidades social, histórica e cultural concretas. Pola contra, cada obra de arte é filla do seu tempo. Sigo sen entender o capricho de "reinterpretar" obras literarias, musicais, culturais en xeral, seguindo criterios contemporáneos, producíndose nalgúns casos auténticas "ablacións" culturais. Non entendo o presentismo histórico nen ese reviosinismo que en canto puritanismo semella máis papista que o papa. Din que van reescribir á obra de Ian Fleming, creador do axente 007, para sacarlle tódalas alusións consideradas, dende a perspectiva actual, sexistas. Reescribir unha obra é unha alteración da mesma. Creo que debe recoñecerse un canon, fixalo, non sexa que eu crea que estou lendo a Tolstói e en realidade estea lendo a un censor. Polo menos, si alteran unha obra literaria, por favor, indíquelo nunha nota a pé de páxina para evitar malentendidos.
No segundo libro da Ilíada temos o famoso "catálogo das naves", un día, con Homero nunha man e cunha calculadora na outra man, fixen a conta e dinme de conta que no dito catálogo había máis de mil embarcacións. O chamado "catálogo das naves", que recolle as naves enviadas polos aqueos a tomar Troya, se foi ampliando co tempo, xa que cada aedo ou rapsoda, cando chegaba ante un auditorio, para consegui-la súa aprobación e fácil aprauso, metía no dito catálago a un par de embarcacións da cidade na cal estaba. Algo semellante o que pasaría hoxe cando unha estrella pop ven a tocar a Pontevedra e tralo primeiro tema berra: "Boas noites Pontevedra". Entón o público grita, brama e apraude a rabiar. Así se foi inflando a "catálogo das naves" dende unha base orixinal que incluía a poboacións que os gregos do período clásico nen sabían ubicar. Pero cando no século VI a.C., se recolleron ós versos homéricos por escrito por primeira vez en Atenas por orde do tirano Pisístrato, entón se fixou o canon e non se lle tocou máis, nen para meter novas embarcacións, nen para sacalas. Entre outras cousas debido a que calqueira alteración sería notada unha vez fixados os versos por escrito. Esa é tamén a razón de que se crearan os textos xurídicos escritos e foran expostos en público, como as coñecidas "Lei das XII Táboas" de Roma, para que a interpretación da lei non fora alterada, xa que a escritura tiña un enorme papel sagrado, e tamén debido a que daquel xeito se impedían interpretacións da lei espúreas. Pero hoxe non se respecta ó texto nen cando está fixado por escrito. Xa que, unha violación do texto é unha violación do contexto, e unha violación do contexto é unha violación do texto.
Alterar un libro é como queimalo. Os nazis queimaron libros na berlinesa Bebelplatz na noite do 10 de maio de 1933. Xa sei que no imaxinario colectivo está a idea de que os nazis queimaban libros tódolos días, pero só foi nun día, tamén hai que decir que desgrazadamente esa noite de lumeiras non afogou o terror nazi. Naquelas fogueiras ardían as obras de autores como Marcel Proust, Sigmund Freud ou Thomas Mann. Hoxe vemos erguerse cada día novas fogueiras, e o fume que levantan afogan ó espíritu crítico.
Sí, un déjà vu, xa que presentismo histórico é un dos peores cancros que está sufrindo a cultura e o pensamento crítico, e non me cansarei en denuncialo. Non se extrañen se dentro dunhas semanas volvo a escribir sobre o mesmo, se o fago é debido a que día a día se están profanando os máis sagrados templos culturais en aras do políticamente correcto, implántandose unha censura que nen nos tempos das cazas de bruxas do século XVI. Afortunadamente hoxe non queiman a ninguén. Pero… sabe alguén ónde podo ver hoxe unha ópera de Wagner tal e como foi concebida polo propio Wagner? Non, nen no sagrado Bayreuth. Debido o meu problema de saúde, facilmente solucionable cunha operación que se negan a facerme, non podo saír de Pontevedra. Iso impídeme ver unha ópera de Wagner, xa que en toda Galicia non hai un so auditorio para ver unha representación wagneriana como debería o canon rexir.
Sí, un déjà vu, xa que, xa que escribo de óperas, por qué non escribir, unha vez máis, sobre a ausencia dun programa de música clásica en Pontevedra?. Durante as pasadas festas do apóstolo en Compostela, a "Real Philharmonía de Galicia" demostrou que se poden celebrar concertos de música clásica na rúa, cun pleno na praza da Quintana. En poucos días tocaralle o turno a Pontevedra, e tódolos estilos musicais terán a súa representación: pop, latino, jazz, blues, rock... todos?, non, todos non, de novo, unha vez máis os amantes de música clásica de Pontevedra, que habelos hainos, quedaremos con gran pitido do oídos polo balbardo dos altavoces, e sen escoitar unha soa nota de música clásica.