Ramiro Espiño
Que as árbores non nos impidan ver o bosque
Certo é que a semana recén finalizada non foi de todo mala para o noso deporte local, especialmente para Pontevedra e Teucro. Certo é que o que comezou ameazando tormenta e da gorda, rematou cunha especie de calma chicha aderezada de noticias esperanzadoras para os dous clubs. A tempestade que pendía sobre a cabeza de Milo amainou tras unha reunión máis tensa do que se quixo facer ver portas fóra. Logo viñeron, nunha especie de 2 x 1, cal oferta de supermercado ao uso, a firma de Raúl López, cambiando a débeda que o Pontevedra mantiña con Monbus por accións do club granate, xunto co anuncio dun trato similar ao Teucro. Importante, case vital, pero...¿suficiente?...Pues atrévome a dicir que non.
Para que unha "empresa" deportiva sexa viable é tan importante a parte económica como a deportiva, unha e outra van indisolublemente unidas. ÿ fundamental gañar partidos, xerar ilusión á súa masa de seguidores, pero tamén xestionar axeitadamente, e lamentablemente imos camiño de non facer nin unha cousa nin a outra. Porque cando se fala de xestionar non se trata unicamente de facer números e contas (para iso abondaría cun contable), se non xerar recursos, pero moi especialmente ter ben claro que se está a representar a unha masa social, a un club, mesmo a unha cidade, evitando dirixilo coma se fose noso "casal" particular (e témome que de ésto houbo demasiado nos últimos meses).
O do Teucro déixoo para un comentario máis adiante, cando definitivamente se aprobe o seu plan de viabilidade? (póñoo entre interrogacions, porque coa débeda que arrastra e a nula xeración de recursos que vén demostrando a actual directiva, dáme que entre socios, despachos e subvencións, será necesario algo máis que un milagre). Unicamente deixo o detalle de que facer viaxar ao equipo ata Santander na madrugada do mesmo día do partido e chegar con pouco máis dunha hora de antelación, é xogar unha especie de "ruleta rusa" que, no mellor dos casos, condiciona claramente as posibilidades deportivas do equipo, sen falar do pouco apetecible que resulta para calquera xogador que pretendamos fichar no futuro.
Case o mesmo, corrixido e aumentado, poderiamos dicir do Pontevedra: viaxes planificadas sen pés nin cabeza (recordemos o de As Somozas, cando nos xogabamos a clasificación para o play-off), fractura da cúpula dirixente coa masa social e ata balóns (ferramenta de traballo, á fin e ao cabo) en malas condicións, aspectos que anubran, cando non anulan, o bo traballo que si se está a facer para conseguir saír da situación concursal que atravesa a entidade, pero traballo no que se está a obviar por incompetencia? a razón de ser de calquera entidade deportiva.
Urxe un cambio radical nas formas e no fondo. Cando hai un par de días lía en PontevedraViva o artigo do bo amigo Rodrigo Cota, titulado "Vergoña granate", non puiden por menos que sentir iso: VERGOÿA, pero (e perdón Rodrigo polo meu atrevemento ao emendarche a plana), non vergoña das miñas cores, se non vergoña de quen representándoos institucionalmente non sabe distinguir o "cu das témporas", por que eles serán os que perdan a dignidade coa súa forma de proceder, pero non permitamos que lla fagan perder a un Pontevedra que non é seu, é de todos.
O domingo falou a bancada (ou unha parte importante, case diría vital, para calquera equipo). Fíxoo alto e claro. O seu berro, para quen queira escoitalo, demostrou a fractura existente entre afección, técnico e consello de administración, pero tamén claro quedou que esa fractura non é extensible ao equipo, porque o levan dentro, porque son as súas cores, porque moitos xa estaban aí e o seguirán estando, cando algúns se volvan por onde viñeron.
E non é unha fractura provocada por un capricho ou un feito illado, se non consecuencia dun cúmulo de situacións (entre elas unhas cantas parecidas á falta de sensibilidade á que fai alusión o antes citado artigo de Rodrigo Cota) que nos levou a unha alarmante perda de prestixio dunha Entidade que debe ser referencia no fútbol galego.
Gañouse un partido importante, fronte ao equipo Das pontes e algúns quixeron ver o final de todos os problemas, minimizando a protesta da bancada, pero a realidade é que seguimos sextos no deportivo (moi lonxe de onde deberiamos estar), e o máis preocupante é que estamos a anos luz do ambiente que se respiraba aquel fermoso ano 2004 e que nos levou a rozar a gloria. Entón camiñabamos da man. Directiva, equipo, afección, medios de comunicación. Hoxe a división é palpable, tanto como a falta de dirección, de coñecemento para levar o rumbo axeitado.
Urxen solucións, porque está claro que a algúns as árbores non lles deixan ver o bosque...Eso si, amigo Rodrigo, fagan o que fagan, nunca conseguirán que deixe de sentirme orgulloso de ser granate...aunque bastantes veces me avergüence de quen é como nos representa?.
19.11.2012