Tribuna Viva
Malestar entre os propietarios de "Martambo" pola nova Lei do Litoral de Galicia
Varios propietarios da Urbanización Martambo queremos expresar a nosa indignación pola nova "Lei de Ordenación do Litoral de Galicia" que tramita a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente.
En dita lei, a Xunta habilita novos usos moi alonxados da preservación do medio ambiente e do litoral.
A coñecida zona de Servidume de Protección Marítima Terrestre (SPMT) coa aprobación desta lei verase afectada gravemente polos novas concesións ao turismo e instalacións novas para a acuicultura e a industria.
Ante esta permisividade, parécenos vivir nunha realidade paralela, cando baixo o pretexto de defender "o medio ambiente", os propietarios de Martambo soportemos multas cohercitivas que superan os 400.000 mil euros a maiores por invadir a penas 2 metros da SPMP.
Por eso non aceptamos este dobre raseiro da Xunta de Galicia requerindo que a nova Lei permita a permanencia de vivendas que son fogares de familias.
Porque non se entendería que continuasen coa licitación de derribo de vivendas como en Martambo, ao tempo que rebaixan o nivel de protección da costa galega para outras actividades económicas.
Asinado: XOSE RIOS
Propietario afectado polo Derribo en Martambo.