Carlos Regojo Solla
Auga (hachedoso)
Chove que molla. Que chova!
Non hai por que laiarse sempre e cando haxa un portal aberto para non calar a tope ou atopes un sacrificado inmigrante á porta do súper vendendo paraugas baratos que ficarán nas papeleiras da contorna nun radio non superior a cen metros (segundo zonas). Así anda o paro nalgunha profesión como a dos paraugueiros.
Penso eu que ademais de ser un desperdicio, é tamén unha falta de visión comercial, porque moitos paraugas dos que se tiran as papeleiras semellan ter bastante arranxo e, sendo mañoso, calquera de nós podería reparados dándolle una segunda ou terceira vida e volver vendelos a metade de prezo para camiñar, cuberto polo menos outros cen metros máis. Vale, soamente é unha idea.
Non hai nada de tempo chovían as queixas pola seca con aquelas temperaturas que nos fixeron suar e suar día e noite; menos mal que o responsable destes e outros fenómenos maiores decatouse do que estaba a pasar e acordouse de nós antes de ficar convertidos nunha mancha graxa nunha beirarrúa calquera. O probe vai maior
É que con isto do clima somos volátiles coma un saltón bébedo..., e caprichosos, tamén. Nunca estamos de acordo co que temos así que pensamos por tempos: comenzamos sen moita convicción dicindo "que ben, xa chove!" para seguir con aquelo de "carallo, como chove!" e rematar dicindo máis ou menos que "xa está ben!" que xa é hora que pare, que levamos dous meses, que xa medra o musgo nos sobacos... cando se tivesen experiencia saberían que isto non é nada anque algún enxeñeiro remate o asunto falando da capa "frepatica" esa que nunca está satisfeita por moito que procuremos unha reserva ou algo parecido.
Polo que a min respecta, nestes días aproveito para instruirme no deseño de barquiños de papel, así como darlle un repaso aos meus amplos coñecementos mariños.
Pola noite recupero a ilusión de rapaz e coa miña cadela Kay poñemos a navegar os barcos corrente abaixo polas cunetas da zona de paseo alentando cada un o seu, Kay ladrando, eu... bueno, por que non?, eu, ás veces, tamén.