Irmandade Illa de Tambo
Irmandade Illa de Tambo insta a protexer este enclave a todos os niveis
A Xunta Directiva da Asociación Irmandade Illa de Tambo quere facer público seu agradecemento a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e a séu Servizo de Patrimonio, pola posta en marcha dos traballos previos para a identificación dunha parte dos elementos patrimoniais e concretamente arqueolóxicos na Illa de Tambo.
Dende Irmandade o longo da nosa actividade fumos quén de realizar numerosos rastrexos sobre ese territorio amparados na documentación conquerida froito da investigación para convertir a Tambo nun referente de primeiro orden na historia da Comarca de Pontevedra.
Son numerosas as persoas que a través das visitas guiadas cun itinerario e conceptos deseñado por ésta asociación poden dar fé do potencial que amosa e do que aínda agocha, polo que instamos tanto o Concello de Poio como a Xunta de Galicia a manter a dinámica actual para seguir avanzando hacia un obxectivo que pasa por dotar a ese enclave da maior protección a todolos níveis.
Para facerse unha idéa, a Illa de Tambo podería contar con varios recoñecementos, algún deles xa concretos como o de estar calificada Espazo de Interese Paisaxistico dentro do Plan de Ordenacion do Litoral (POL) da Xunta de Galicia (Espazo natural cun altísimo valor dende o punto de vista paisaxistico, da sua beleza e singularidade).
Tamén, temos en estudo, trala visita dun grupo de expertos en xeoloxía, o solicitar para Tambo o formar parte dos Lugares de Interese Xeolóxico (LIG), e pendentes de datos sobre algunhas especies de flora e fauna que seguramente requerirán unha atención especial no ámbeto da sua protección.
Agardamos que a elaboración do documento ENIL (Espazo Natural de Interese Local) no que está traballando o Concello de Poio contemple de forma clara a protección sobre os apartados arqueolóxico, edificios históricos, medio ambiente, patrimonio inmaterial, etc.
Resultaría do máximo interés que se promoverá tanto polo Concello de Poio como pola Xunta de Galicia un estudo arqueolóxico nos diferentes puntos localizados por Irmandade (uns 14) e dos que xá se levantaron datos de xeolocalización. Ese estudo é fundamental diante de calquera intervención que se queira facer dentro dos traballos de conservación, co obxectivo de non alterar eses xacementos.
Claudio Quintillán. Presidente de Irmandade Illa de Tambo