José Freire
Inmigración, un drama
A necesidade de ter que abandonar o teu país, deixando atrás a familia, xa constitúe un drama, se logo no camiño perdes a vida, nin que dicir ten.
Isto ven a conta pola morte de, a lo menos, nove subsaharianos, o derradeiro xoves, cando intentaban un asalto masivo á fronteira de Ceuta, polo lugar chamado Tarajal.
Resulta evidente que a globalización da economía, incrementou as distancias entre o Norte e o Sur, provocando a marxinación e o empobrecemento progresivo de sectores cada vez más amplos da poboación mundial. ÿ precisamente dos países pobres do terceiro mundo de onde parten os movementos migratorios de persoas cara os países máis desenvolvidos, entre os que se atopa o noso, ben para quedarse ou de paso.
Uns países que, nembargante, desenrolan unhas liñas estratéxicas de restrición e de endurecemento das súas respectivas políticas migratorias. Velaí están as famosas "concertinas" de Melilla, das que xa ninguén se lembra, con algunha que outra excepción, como o Padre Angel, de Mensaxeiros pola Paz, que chegou a reclamar unha maior concienciación cando dixo aquilo de "Lampedusa la tenemos en Melilla con las cuchillas, colocadas por los políticos. Y muchos de ellos van a misa. Es una vergüenza. ¿Dónde están las mareas blancas, los movimientos del 15 M, las ONG, los movimientos sociales y las Iglesias? Tenemos que salir a las calles. Tenemos que levantar la voz".
Vemos ao inmigrante irregular e ao estranxeiro pobre como un deses inimigos, xunto aos mendigos, okupas e restos de "indesexables", culpables de tódolos males do sistema e aos que lle hai que dar unha resposta radical e tallante. Son considerados factores de risco, fontes de perigo, que deben ser neutralizados. Máis, por moi inmigrantes que sexan, se teñen cartos ou son famosos, dámoslles tódalas facilidades. Como se hai que modificalas normas do propio País.
Non estou a dicir que non haxa que perseguir condutas de suxeitos individuais, máis a acción estase dirixindo a suxeitos colectivos que se configuran como grupos cunha alta probabilidade de xerar riscos para a convivencia pacífica da sociedade e, fronte a cal, calquera actuación está xustificada, xa que o fin, a seguridade colectiva, xustifica os medios, violación de dereitos humanos individuais.
ÿ lóxico que o Estado regule as migracións, para que estas sexan ordenadas e congruentes, máis as políticas que restrinxen excesivamente e atentan contra a dignidade humana, nos conducen a bolsas de irregulares cun extraordinario poder criminolóxico, xa que se converten en mercancías do mercado dos traficantes de seres humanos.
Queiramos ou non, a multiculturalidade é produto da globalización.
E como dícía Javier Solana: "Ou os recursos se moven de Norte a Sur ou as persoas moveranse de Sur a Norte".
E non haberá concertinas que as paren.