Manuel Alfonso Estévez
Miguel Torres, un icono dos vocalistas galegos, nos palcos con Poceiro Big Bang
Noutrora a Orquestra Pose de San Martiño de Fontecada de Santa Comba, deslocárase ata o Bierzo en terras de León, para amenizar as Festas Ribera de Folgoso, naquel mes de abril dos primeiros anos da década dos sesenta e durante a actuación, convidaron a subir o palco a un xoven traballador nas minas, con sona de cantar moi ben.
Miguel Torres, deixou impresionado o director da formación galega, o saxofonista, Manuel Pose, cando escoitou o invitado imitar os grandes da copla, Antonio Molina e Manuel Fariña.
!Si señor!, aquel mozote que entrara na vida laboral, sendo ainda un rapaz, como axudante de picador, logo barrenista e entibador, modoulle a vida en pouco tempo, despois de cantar, "Una paloma blanca" e "Mi perro amigo" nas festas do seu berce natal.
Non pasou moito tempo en chegar a bisbarra do Jallas, para convertirse na voz principal da Orquestra Pose, arroupado de grandes músicos, participando no seguinte ano, no concurso radiofónico "Desfile de Estrellas", da emisora Radio Coruña, competindo con outras voces, entre eles os vocalistas das afamadas orquestras Os Satelites e Os Trovadores, ambalasduas de A Coruña, sorprendendo a audiencia co primeiro premio "Estrella de Oro".
Foi seguido por Manuel Muñiz, en chamalo por teléfono, ofrecéndolle un sustancial contrato, deixando o leonés o posto de traballo, como auxiliar de carreteras e na Concentración Parcelaria, que alternaba coa música, para dedicarse profesionalmente a cantar, converténdose na voz principal da Orquesta Compostela.
O salto os palcos coa formación que levaba o nome da capital galega polo mundo nos atriles e alí estivo perto de catro décadas. Unha longa taxectoria, aquí e alen mar, con actuacións, gravacions e xiras por Europa e no outro lado do Atlántico, fundamentalmente en Centros Galegos, colleitando multitudinarios éxitos personais, vendendo discos e recibindo mencions honorificas.
Na Orquestra Compostela permececeu 38 anos ata o ano 2002, data da reestructuración da formación da capital de Galiza, integrándose logo na Orquestra Poceiro Big Band, onde continuou colleitando éxitos.
Recibiu o "Percebe de Ouro" en Barcelona no 2008 por súa contribución a Cultura Galega e mesmo a Medalla de Prata entregada polos colectivos galegos no Exterior, durante a sexta Xuntanza da Emigración en Palas de Rei (Lugo).
Coñecido aquí e noutras terras pola interpretación de temas emblemáticos como "Mirando hacia la bahía", "El Emigrante" ou "Campanero Jerezano". Finalmente formou parte de "Lume" con antigos camaradas, unha formación sinxela e cercana para espazos familiares.
Unha institución musical en Galicia