Elena Varela
Terapia ocupacional, esa gran descoñecida
Se hai tan só un ano me preguntasen que é a terapia ocupacional, sei con seguridade que non sabería dar unha resposta, ou polo menos, non a correcta.
Terapia Ocupacional é moito máis ca unha profesión; é unha forma de vida. Non é posible traballar coma terapeuta e non aprender día a día a vivir dun xeito diferente.
Se vos tivese que dar unha definición, co pouco que sei e co moito que descoñezo nestes momentos, sería a seguinte:
ÿ unha profesión socio-sanitaria, que utiliza actividades significativas para a mellora do desempeño nas distintas áreas da ocupación e aumentar así a autonomía e independencia dunha persoa, permitindo que desenvolva o seu potencial ao máximo.
En cada unha desas palabras está a esencia desta forma de vida da que, por sorte, son partícipe.
Poñerse metas na vida é algo moi útil, xa que a motivación fai que aparezan forzas onde parecía que só existía desolación. Por iso utilizo a palabra "significativas", xa que de que me vale algo que non me motiva en absoluto? ÿ máis, por que teño que facelo? Porque alguén que cre que sabe algo sobre min e o meu futuro mo ordena? Pois non.
E diso se encarga un ou unha terapeuta ocupacional; de atopar os desexos, os obxectivos e as metas dos usuarios e usuarias coas que traballa. Pero a forma de traballar non é dende fóra ou como espectador/a, senón en primeira persoa e dende a máxima empatía posible.
Se hai algo que esta carreira me está a ensinar é que o que te define é aquilo que fas, aquilo polo que loitas e aquilo polo que non te rendes. Máis nada.
Compartir ocupación é a mellor forma de vivir a vida. Asegúrovolo.