Luisito pecha a porta a reforzar ao equipo durante o mercado invernal, que permanecerá activo ata finais de xaneiro.
O técnico do Pontevedra Club de Fútbol recoñeceu no programa La Trastienda de PontevedraViva Radioque "yo soy el que echa todo para atrás, soy el más reacio a firmar", preguntado pola posibilidade de realizar algunha fichaxe.
"Egoistamente si miro todo para mí, yo les digo a Lupe y a Roberto que el equipo necesita dos incorporaciones y ellos me dicen adelante, damos dos bajas, pero no soy justo y honesto si hago eso", sinalou defendendo o labor que están a realizar os seus xogadores.
Ademais dos 40 puntos que acumula o equipo e que lle situaron na cuarta posición, Luisito ten presente a experiencia da pasada tempada, cando o Pontevedra acudiu ao mercado pensando en dar un paso á fronte na segunda volta de competición, pero coa chegada de Hugo e Bello non logrou o efecto desexado.
"Es muy complicado mejorar lo que tenemos. Si me dices que viene un futbolista de Segunda A o de una liga extranjera como Santi Jara (fichaje del Real Racing) lo intentaríamos, pero nosotros no podemos pagar lo que paga el Racing", polo que "para firmar un futbolista normal, me quedo con lo que tengo", sinalou contundente.
Ademais do mercado de fichaxes, Luisito valorou en PontevedraViva Radio o bo momento polo que atravesa o equipo, os seus retos e os obxectivos no que resta de tempada, ademais de analizar ao próximo rival dos granates, o Mutilvera.