Cada catorce de febreiro chega o ansiado, ou non, día dos namorados, e con motivo da súa celebración baixamos ás rúas da Boa Vila para preguntar aos seus habitantes sobre o famoso e ao mesmo tempo controvertido día de San Valentín, que chegou a España da man de Galerías Preciados en el 40.
A cidade púxose máis romántica e iso nótase: carteis nos escaparates, doces con forma de corazón, paquetes románticos en restaurantes e hoteis… O espírito do catorce de febreiro instálase nas tendas da nosa cidade, pero, contaxiouse o romanticismo tamén á xente? Neste ‘Cara a cara’ quixemos pescudar canto de románticos somos e cales son os nosos plans para este día.
Queres saber o que pensa a xente na rúa de San Valentín? Haberá máis defensores, ou detractores da festa dos namorados? Que tolerías por amor farían na súa vida os residentes de Pontevedra? Haberá algunha historia de película?
No 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio daremos resposta a todas estas preguntas. Quen sabe se poderás saber o teu agasallo de San Valentín por adiantado...